Benvidos a nosa web
A web do CEIP O Salvador naceu coa vocación de se converter nunha canle máis de información e servizos, coa esperanza de ser de utilidade a toda a comunidade educativa.... e a todos aqueles que teñan interese en nos coñecer.
O noso obxectivo é que se converta nun eixo de traballo e punto de encontro das distintas accións do noso centro.
ADMISIÓN 1-20 MARZO 2024
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
1. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
2. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
4. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
6. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
*O RESTO DO ALUMNADO QUE XA ESTÁ NO CENTRO NON TEN QUE REALIZAR NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE.