INFORMACIÓN DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2020-21

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS OU ALUMNADO QUE CAMBIE DE CENTRO.

 

PRAZO: 1 – 20 DE MARZO

 

DOCUMENTACIÓN:

 

-     

Solicitude de admisión formulario normalizado (ED550B) (ORDE 25 DE XANEIRO DE 2017). Está a súa disposición na secretaría do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxi­na web da consellería competente en materia de educación.

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

 

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de ad­misión a seguinte documentación:

 

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta. 

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (DNI do alumno en caso de poseelo e/ou fotocopia do libro de familia).

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

e) Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Distribuir contido