ENTROIDO 2021 "GRANDES AVANCES CIENTÍFICOS"

Estimados/as pais/nais:

           

 

Na semana do 8 ao 12 de febreiro de 2021 o noso centro educativo celebrará o entroido. Unha actividade será que os/as nenos/as traerán unha prenda de vestir relacionada co mundo científico.

LUNS: GAFAS

MARTES: GAFAS  + GUANTES GOMA

MÉRCORES: GAFAS  + GUANTES GOMA + ESTETOSCOPIO OU SIMILAR

XOVES: GAFAS  + GUANTES GOMA + ESTETOSCOPIO OU SIMILAR + PELUCA/GORRO

VENRES: TODO + BATA (SERÁ PROPORCIONADA POLO CENTRO)

 

Todas estas actividades están enmarcadas no proxecto da biblioteca escolar “Avances científicos” que os/as alumnos/as están realizando ao longo do curso.

NOTA: O CENTRO EDUCATIVO, ANTE A POSIBILIDADE DE QUE ALGÚN ALUMNO/A, NON TEÑA NA SÚA CASA UNHAS GAFAS (DE CALQUER TIPO), UNS GUANTES, UN XOGUETE RELACIONADO CO MUNDO CIENTÍFICO OU UN GORRO. VAI POÑER A DISPOSICIÓN MATERIAL PARA QUE TODOS OS NENOS/NENAS SE POIDAN DISFRAZAR DE CIENTÍFICOS/AS.

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra

algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educatio no que estea

matriculado o/a alumno/a.

• Prazo:

1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10

días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de

novembro de 2020.

2. Para o alumnado que, unha iez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou

garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público ttularidade da consellería ou a

un priiado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostdo

con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de

 

libros e material escolar, é dicir, (1) mes contado a partr do día seguinte á formalización da matrícula.

 

 

 

TITORIAL PARA O ALUMNADO SOBRE A AULA VIRTUAL

Boas familias!!
Neste post deixamos un enlace á vosa disposición sobre o uso da Aula Virtual do CEIP O Salvador e para que poidades dar os primeiros pasos. Esperamos que vos sirva de axuda.
Lembrade que, en caso de peche dalgunha aula ou dos centros educativos, esta sería a principal forma de traballo co alumnado. Polo que é moi importante que a comunidade educativa teña unha noción básica para usar esta ferramenta.
Distribuir contido