INFORMACIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS. ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020 - 2021.

INFORMACIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020 - 2021

 

a.   

Normativa reguladora do proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

 

-      

 DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

-      

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

-     

 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do a lumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 a.    Postos escolares ofertados para o curso académico 2020-2021.

 

Nivel Educativo

Postos escolares ofertados

4º Educación Infantil

10

 

5º Educación Infantil

6º Educación Infantil

12

1º Educación Primaria

17

2º Educación Primaria

16

3º Educación Primaria

13

4º Educación Primaria

17

5º Educación Primaria

11

6º Educación Primaria

15

 

b.   

Prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Do 1 ao 20 de marzo de 2021.

a.   

Nota informativa.

 

1º.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; a infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º.- O alumnado con garantía de permanencia no centro, se presenta a solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

 

3º.- O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitudes de admisión (do 1 ao 20 de marzo).

 

 

  1. Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso.

 

  1. A lista provisional de alumnado admitido e non admitido sairá publicada antes do 25 de abril.

Prazo de reclamacións cinco días hábiles, a partir do seguinte da publicación.

A lista de definitiva de alumnado admitido e non admitido sairá publicada antes do 15 de maio.

 

  1. O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

  1. O CEIP O Salvador é un centro adscrito ao IES Fonmiñá.

 

  1. A área de influencia do CEIP O Salvador está delimitada polas parroquias de Cadavedo, Lagoa, Úbeda, Loboso, Vián, A Pastoriza, A Aguarda, Álvare, San Martiño de Corvelle, A Regueira,Saldanxe, Gueimonde Crecente, San Cosme de Piñeiro e Baltar pertencentes ao concello de A Pastoriza.

 

  1. Servizos complementarios que ofrece o centro: Transporte escolar e comedor