Skip to Content

Blogues

STORIES AT HOME

 Hello children and families!!

 Don’t forget that every day at 11 o’clock you have a new story in Macmillan Story Corner. I give you the link again:

 https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/#macmillan_story_corner

 And remember that, if you want, you have some activities to do below the video. I hope you like the stories!!

 Hugs and kisses!!

 Ola rapazada e familias!!

 Non esquezades que cada día ás 11 da mañá tedes un conto novo na web de Macmillan. Déixovos o enlace outra vez. E recordade que, se queredes, tedes algunhas actividades xusto debaixo do vídeo. ¡Espero que vos gusten!!

 

O ESQUELETO

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos traballar un pouquiño sobre o noso corpo. Toca lembrar os nomes dalgúns dos nosos ósos. Para iso, imos comezar coa canción do ESQUELETO de Migallas. Lembrádela??

Ahora imos ver un vídeo no que vos van presentando os ósos e decíndovos como se chaman:

 

 

 

Pois ahora tócavos a vós elaborar o voso propio esqueleto. Podedes facer un debuxo dun esqueleto  ou  elaboralo utilizando materiais que teñades pola casa:

 

Aquí vos deixo algunhas ideas por si vos animades!!!

Xa para rematar a actividade,  tedes que escribir algúns nomes de ósos no esqueleto que elaboredes, non fan falta moitos, os que vós queirades. Veña, ánimo!!!

Biquiños!!!

 

LETRAS POLA CASA!!!

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con música, cunha canción que vos vai recordar as letras do abecedario  en galego:


Ahora propóñovos un xogo divertido. Consiste en repartir un folio en catro partes e en cada parte tedes que poñer unha letra destas:

 

P-T-L-S

 

A continuación, tedes que ir por toda a casa buscando cousas que comecen por esas letras e cando atopedes unha, a correr a escribila no apartado que lle corresponde, por exemplo:  vexo un tomate pois escribo a palabra TOMATE onde está a letra T. Divertido, ¿verdade? Pois veña, ánimo!!!

 

 

 

Para rematar, propóñovos xogar un pouco ao DOMINÓ

 

Biquiños!!!

SOMOS 21!!!

Bos días nenas e nenos!!!

 Xa estamos a luns outra vez!!!

Ánimo!!!

Hoxe  propóñovos pasar lista como facemos no cole todos os días. ¿Lembrades cantos nenas e nenos sodes?

21, correcto!!!

Pois tedes que ir escribindo  os nomes dos vosos compis e das vosas compis en dúas columnas: unha de nenos e outra de nenas.

¿Cantas nenas hai? ¿E nenos?Contade e poñede o número. E logo facede a suma, ten que dar como resultado 21.

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.


 

Hello families! Como estades? Espero que todos sigades ben e sobre todo con moito ánimo!!! Esta semana mándovos a nova versión do Baby Shark de Pinkfong que explica moi ben como teñen que lavar as mans os nosos nenos e nenas para non contaxiarse do virus. Espero que lles guste e que a practiquen moito na casa. Se vos apetece xa sabedes que podedes enviarme algún video de como bailan un trociño da canción ao meu correo electrónico

A partir desta semana tamén teredes acceso ao libro dixital “Amanda and Friends” no que os nenos e nenas poderán practicar o vocabulario dos temas a través de xogos e cancións. Para acceder necesitades introducir os datos que aparecen a continuación:
Entrades na páxina web www.amanda.richmonddigital.net


 Username: richmond 2020


Password: richmond

Level: 3
Esta semana gustaríame que todos os que poidades practicárades os xogos do

tema 1. Animádevos, son moi divertidos!
E recordade que podedes escribirme ao meu correo se tedes algunha dúbida.
See you soon!
Teacher Nuria

Biquiños!!!

 

O GRÚFALO

Bos días nenas e nenos!!!

Xa chegou o venres e, como todos os venres, temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto que me gusta moito:

O GRÚFALO

 

Espero que vos gustara moito!!!

Ahora tedes que escribir o título do conto e debuxar e escribir aquilo que máis vos gustou do conto. Tedes que escribir:  O QUE MÁIS ME GUSTOU FOI…

 

Ahora decídeme: ¿Canto vos gustou? Tedes que debuxar sol verde si vos gustou moito, amarelo si vos gustou bastante ou vermello si vos gustou pouco.

Tamen podedes visitar a páxina web do GRÚFALO e xogar on-line

GRÚFALO

 

Biquiños e boa fin de semana!!!

Si queredes facer máis cousiñas do GRÚFALO clicade no adxunto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut