CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.
Parque de Castrelos ( Vigo)
12/02/23
O pasado, domingo 12 de febreiro de 2023, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Un espazo natural dentro de Vigo, cunha riqueza vexetal e paisaxística incrible.
O CEIP Nº2 participou na proba co equipo Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), co equipo Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), co equipo Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e co equipo Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º).
Moitísimas grazas a todas as familias que hoxe estiveron en Castrelos, pola súa axuda e polo seu apoio a estes grandes atletas. Noraboa a todos os participantes, especialmente aos do CEIP Nº2 de Tui e Agrudebam que representaron ao Baixo Miño, nunha proba onde estaban os mellores corredores de toda a provincia de Pontevedra.