SE VIAXO NO BUS
Para aqueles nenos e nenas da área de influencia do Centro que viven un pouco lonxe (Bornetas, Areas e Pexegueiro), a Consellería de Educación ofrece o servizo de transporte escolar de maneira gratuíta.
Se non se está escolarizado na área de influencia, este servizo só pode utilizarse trala solicitude á dirección do centro e a correspondente autorización para o curso académico por parte de Xefatura Territorial.
A empresa que ten a concesión é MONBUS.
A hora de recollida polas paradas é en torno ás 08:45 h. para estar no centro antes das 09:15 horas; e a de volta a casa será a partires da 14:15 h. unha vez rematadas as clases.
RUTAS E PARADAS
RUTAS |
PARADAS |
Nº DE NENOS/AS |
99PO0462
|
Rafi San Martiño Gaios Anta Abaixo Anta Arriba Viveiro Cruce Sobrada Salgueiriño Saídes Souto - Pexegueiro Fonteseca - Pexegueiro
|
28 |
99PO0471 |
Parador Rotonda Areas |
25 |
Deberes do alumnado transportado
- Estar puntualmente na parada nas horas de saída do autobús.
- Non acercarse ao autobús ata que estea totalmente parado, nin levantarse dos seus asentos durante o traxecto.
- Respectar ao acompañante e ao conductor do autobús.
- Non tirar papeis ou outros desperdicios no vehículo, nin ocasionar danos no mesmo.
- Axudar aos seus compañeiros menores ou con limitacións físicas.
- Non molestar ou perturbar a conducción do vehículo.
En todas as rutas temos un acompañante. Según establece o Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, as principais funcións do acompañante son:
- Coidar da seguridade dos menores durante o transporte escolar, e procurar que non se produzan altercados durante a viaxe.
- Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
- Comunicar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
- Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan averías ou accidentes de circulación.