Skip to Content

BÁDMINTON

 

O pasado martes día 18 de Febreiro de 2014, tivemos a 2ª Xornada de Bádminton, para a categoría alevín, Pav. do Ceip Randufe.

Nesta xornada participaban tamén os Ceip de Randufe, o Ceip Nº1 de Tui, o Colexio Sta María Maristas e o Ceip de Sobrada. Nesta ocasión levamos a cabo os partidos correspondentes á fase final. Esta xornada adicouse á clasificación para xogar as finais coa zona de Tomiño.

Aquí vos deixamos unhas fotos, do ben que xogamos os participantes do Ceip Nº2 de Tui.

 

 

 

 

 

 

 

 

2ª Xornada da Competición de Bádminton escolar 13-14
Martes 18/02/14


    O pasado martes 18 de Febreiro, tivo lugar no Pav do Ceip Randufe a 2ª Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil. Dita xornada xa era a derradeira e clasificatoria para a Xornada Final que terá lugar o vindeiro Mércores 12 de Marzo no Pavillón de Municipal de Tomiño.

     Aquí vos deixamos algunhas fotos e un video do ben que o pasamos.

 

     

 

 

 

DEPORTE ESCOLAR.
Bádminton Curso 13-14

O vindeiro martes 18 de Febreiro terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton, para as categorías Benxamín e Infantil ( 3º, 4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:30h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:15h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Tamén é conveniente que traiades unha botella de auga e a merenda. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

DEPORTE ESCOLAR.
Bádminton Curso 13-14

O vindeiro martes 4 de Febreiro terá  lugar a 2ª Xornada escolar de Badminton, para a categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:30h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:00h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

1ª Xornada de Bádminton categoría Benxamín e Infantil
Pav. De Ceip Randufe Tui
Martes 28 de Febreiro de 2014


Hoxe martes 28 de Febreiro, tivo lugar a primeira xornada de bádminton de esta temporada, para as categorías Benxamín e Infantil. Participamos moitos nenos do Ceip Nº2 de Tui, e incluso se animaron antigas alumnas do mesmo, e alumnas do Ies San Paio a participar con nós.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ven que o pasamos.

   
   
   
   

 

 

AdxuntoTamaño
(1ºXornada de Badminton horario Alevín).pdf5.95 KB
(1ºXornada de Badminton horario Benxamín, Infantil).pdf5.93 KB
(Autorización xornadas de Bádminton alevín).pdf6.58 KB
(Autorización xornadas de Bádminton Benxamín e Infantil).pdf6.78 KB
(Calendario Bádminton).pdf35.61 KB
(Cartel Bádminton).pdf225.82 KB


page | by Dr. Radut