PRÓXIMAMENTE.......XELA ARIAS
E comezamos o terceiro trimestre deste curso coa mirada posta na celebración das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio.
Para o noso cole ese día non só homenaxeamos a unha persoa destacada polo seu aporte literario ao noso idoma, o galego. É tamén unha oportunidade para traballar, recordar e aprender sobre o noso; a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa música, o noso baile....
E con moito sentidiño estamos a preparar varias cousiñas....
De momento, recordarvos que o Día das Letras Galegas 2021 estará adicado á escritora e tradutora Xela Arias.
Ilustración de Xela Arias sobre unha fotografía de Xulio Gil. (Foto: Beatriz Pereira)