Skip to Content

Inauguración da Biblioteca para o curso 19-20

 

 A nosa biblioteca resplandeceu coa chegada de Lúa anunciando que a partires de agora xa poderemos usala tódolos días tanto nas horas de clase como nos recreos e tamén pola tarde.

A nosa mascota estaba acompañada, coma sempre, polo profe Ramiro, que recibiu a cada unha das clases tocando a guitarra e cantando a canción de Lúa.

Desde que fai deporte de forma habitual, Lúa remocicou moito e aparenta máis nova que nunca. O seu estilo de vida é moi saudable e quere compartir os seus avances con todos nós.

Realmente estaba encantada de ver un curso máis a tódolos nenos e nenas do colexio.

Aproveitou para falar das novidades do proxecto Erasmus+ e traía un carriño da compra para concienciar ao alumnado sobre a necesidade de fixarse ben nos alimentos que son saudables e así non deixarse levar polo impulso de comprar produtos cun exceso de azucre ou graxas.

Tamén presentou as novidades da biblioteca:

Libros que se compraron sobre alimentación, sobre relaxación, sobre o coidado da horta...; libros novos para as mochilas viaxeiras; coleccións novas para desfrutar na biblioteca, na clase ou na casa...

 

Ademais, entregou as mochilas viaxeiras a representantes das diferentes clases...

 

... e deixou para o final unha gran sorpresa que tiña preparada para todos/as:

A APERTURA DO RESTAURANTE DE LÚA

 

Lúa invitou a todo o colexio a coñecer o seu restaurante onde se servirán menús saudables nas que os ingredientes principais serán os produtos da horta, e os cociñeiros/as poderemos ser nós mesmos.SorrisoSorrisoSorrisoSorrisoSorriso

Nesta ocasión había pratos de froitas para os nenos e nenas e montadiños de "cociña internacional" para os/as "profes". Estes últimos feitos cos agasallos dos compañeiros/as dos países asociados no proxecto Erasmus+.

 

Library´s Opening

Lua finally arrived to our library accompanied by Ramiro as usual, who received students playing the guitar and singing Lua´s song.

She was very happy for receiving students and she shown the how great she is since she practices more sports and eats healthfully.

She talked about the new things of the project and she brought a trolley to share with students tricks for choosing healthy food. Besides she shown the new things of the school library: books about healthy food, relaxation, garden,…

On the other hand, she gave to the students the new “travelling backpack” and told them the great news:

LUA’S RESTAURANT OPENING

Lua invited students to participate in the restaurant where healthy food will be cooked using the product of our garden.

At the grand opening  there were plates full of fruits for students and some international snacks for teachers.

 



page | by Dr. Radut