Biblioteca

PDI: Mergullándonos na biblioteca

Durante este curso 2018/2019 estivemos a traballar a reo. Dende a biblioteca quixemos desenvolver o noso PDI colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes" Mergullándonos na biblioteca".

Partimos da obra de Julio Verne, "20.000 leguas de viaje submarino" para afondar no mar e nos océanos e descubrir un sinfín de información que intentamos presentarlle a toda a comunidad educativa na exposición que celebramos no colexio durante varios días do mes de xuño. 

Para todos aqueles que non vos puidédestes achegar ou ben lle queredes dar un repasiño, deixamos esta wix onde se recollen todos os traballos realizados polos alumnos e mestres dos dous centros. Esta páxina realizouse grazas o bo facer das coordinadoras a teacher María e a profe Rosa de Soutelo.

Agardamos que vos guste.

Exposición PDI

Argallado a través do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), realizouse no centro, durante todo o curso un PDI que co título xenérico de "Este ano vai de oficios", xirou arredor dos oficios de raigame galega, oficios tradicionais.


Os distintos traballos foron:

DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o "DÍA DA BIBLIOTECA", o equipo da mesma ideou unha actividade consistente e que cada neno e nena do colexio expresase a súa idea da biblioteca, a través dun texto curto e un debuxo.

Os resultados expuxéronse nunha parede do primeiro andar do centro, onde aínda se pode ver a día de hoxe.

Como exemplo mostrámosvos unhas fotos con algún dos traballos dos nenos e nenas.

EXPOSICIÓN "ONDE VIVIMOS?"

Como traballos de investigación dentro das actividades de biblioteca, durante o curso 2011-2012, todos os cursos do Centro, guiados e asesorados polos mestres e mestras do colexio, realizaron distintas actividades para desenvolver eses traballos: actividades de pescuda, de fotografía, de busca de datos en soportes variados (escritos, informáticos, ...), para as que contaron en múltiples ocasións coa colaboración das súas familias, sen as que sería imposible realizalas.

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

Por fin chegou o día agardado!

O luns, 28 de febreiro, celebramos por todo o alto a reapertura da biblioteca do centro.

Despois de traballar arreo, a mestra Vanessa e o seu equipo de biblioteca, puideron por fin dar o pistoletazo de saída. Despois de mercar novo material de lectura, catalogalo, facer carnés de socios,novos mobles, novo material informático, ... Despois de que o Concello de Forcarei, colaborase a través do obradoiro de carpintería e nos puxese tarima flotante no solo e que construíse algún moble.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Verán 2024

 

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario