Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

LISTA AXUDAS MATERIAL E FONDO LIBROS

Desde hoxe está publicada no taboleiro de anuncios do colexio a LISTA DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. 

Consideracións a ter en conta: 

ADMISIÓN ALUMNADO 20-21

ADMISIÓN ALUMNADO 20-21

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 De todos xeitos, e dada a situación de Alerta Sanitaria por COVID19, querémosvos trasladar que só tivemos solicitudes en 4º EI (3 anos) e todas elas foron admitidas. 

Forcarei, 28 de maio do 2020

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 20-21

Preme encima da imaxe para acceder a toda a información.

 

Letras Galegas 2020

Esta semana festexamos o días das Letras, das nosas, das galegas. Esta celebración constituíuse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacasen pola creación literaria en galego ou pola defensa de dita lingua. 

A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ata o mes de outubro. Ricardo Carvalho Calero terá a súa homenaxe nunha medida inédita e sen precedentes o 31 de outubro. 

Dende o centro non nos queremos esquecer desta figura e na páxina web fixemos unha escolma cos recursos que coñecemos arredor da súa figura, para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor. 

Empezaremos cuns personaxes ben coñecidos por todos nós, os Bolechas. Da man da editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron a disposición un novo volume de "As miñas primeiras Letras Galegas" dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

 

REAPERTURA ADMISIÓN

Tal e como se publicou esta semana (arquivo engadido) restablécese o procedemento de admisión polo tempo que estaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. Deberá solicitarse cita previa e cumprir as indicacións que vos trasladamos. Este proceso só lle afecta ao alumnado de novo ingreso. O alumnado do centro xa ten garantida a permanencia e NON DEBE volver matricularse.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Verán 2024

 

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario