AXUDAS FONDO LIBROS/MATERIAL ESCOLAR

CIRCULAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

(Curso 2020-2021)

 

NORMATIVA:

 

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020). 

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º 6º de EP. (Estamos barallando a posibilidade de incorporarnos a convocatoria do libro electrónico  para o vidneiro curso, polo que afectaría ao alumnado de 5º EP 20-21).
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para adquirir material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6ºEP.

PARTICIPACIÓN:

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala e poderán optar polas seguintes formas de presentación: 

NOVIDADES A TER EN CONTA: 

Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, a devolución e recollida de libros do curso 2019-2020 indicarásevos máis adiante o dia da devolución.

 

entrega dos libros e vales do fondo solidario para o curso 2020-2021 realizarase en setembro.

 

O 10 de xullo publícanse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do alumnado beneficiario de fondolibros, axudas de libros de texto e de material escolar.
Nesa data comunicaráselle telefónicamente as familias que deban mercar libros.

 

RESUMO DAS AXUDAS:

 

Renda per cápita familiar

 

<6.000€

 

>6.000€ e <10.000€

< 6.000€

 

Cursos

Libros de texto

Material

1º e 2ºEP

210€

 

140€

 

50€

 

3º, 4º, 6º EP

Fondo: 6 libros

Fondo: 4 libros

50€

 

 

RENTA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR:

Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 dividido entre o número de membros computables. 

-  A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

-  Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. 


-  As persoas que non residiran en España no ano 2018 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

*Terán esta consideración  os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado; os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados; os /as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada; os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar; a persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida; a persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.   

21/05/2020

O Equipo Directivo

AdxuntoTamaño
FondoLibros.pdf487.81 KB

Pais/Nais

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Aula Virtual 2020_2021

Preme encima para acceder as tarefas semanais.

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Programacións 3º Avaliación Adaptadas

Prema encima para acceder.

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participamos no...

PLAN PROXECTA

 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECA ESCOLARES

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Inicio de sesión de usuario