2º Premio na categoría infantil-Ouff Escola 2018 no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense

Unha representación (mestres e alumnos/as) do CEIP Nosa Señora das Dores acudiu ao Auditorio Municipal de Ourense para a Gala de premios de Ouff Escola 2018 no marco do IX Certame de Cine de Ourense, que se celebra durante o mes de decembro en Ourense. Durante este acto puidemos coñecer os gañadores. A nosa curta, gañou  2º PREMIO NA CATEGORÍA INFANTIL E PRIMARIA.
O Colexio presentou ao certame a curta co nome O Conto da Muiñeira, adaptación do texto do mesmo conto de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, realizado durante o curso escolar 2017-2018, e no cal se implicou toda a comunidade. Esta curta é o resumo dun fermoso PDI desenvolto no centro arredor da música e da figura de Avelino Cachafeiro, personaxe de gran sona en Terra de Montes. 
Este certamen de Cine OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o idioma galego entre a xuventude, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúe a xerar un espírito crítico. Este certamen pretende, ademáis, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de educación e crear un espacio de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. Esta iniciativa enmárcase como ferramienta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á xuventude sobre  o  coñecemento e avaliación do audiovisual.
Aquí vos deixamos unha instantánea desa mañá. 
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Verán 2024

 

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario