AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO PARA O CURSO 2020/21

O Concello de Forcarei, a través dos Servizos Sociais, informaron ao noso centro sobre a apertura do procedemento de concesión de axudas municipais de apoio ao estudo para este curso 2020/2021. Entre as novidades están as seguintes:

  • Inclúese a posibilidade de adquirir material informático, artigos de loita contra o covid-19, ademais de libros e roupa para o colexio, preferentemente en establecementos do termo municipal 
  • Entre as novidades introducidas nas bases da convocatoria destas Axudas Municipais de Apoio ao Estudo para o curso 2020/2021 inclúense novos conceptos de gasto como material informático (impresoras, tablets, memorias USB, etc.) ou artigos de prevención sanitaria e hixiene contra o covid-19 como máscaras ou xel hidroalcohólico. Ademais, poderán destinarse tamén á compra de material escolar, libros (excluíndo os de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións) e materiais básicos (mandilón, chándal, calzado, zapatillas de deporte, mochila, frauta, etc.).
  • O pago das axudas non se efectuará directamente aos beneficiarios, senón aos establecementos subministradores. Estes negocios deberán estar situados preferentemente no termo municipal do concello de Forcarei, fomentando deste xeito tamén o comercio local. O abono realizarase ao establecemento seguindo o réxime xeral de tramitación de facturas. A efectos de xustificación, as alumnas e alumnos beneficiarios presentarán un ‘vale’ outorgado previamente pola Administración local, que deberá ser selado polos establecementos nos que efectúen as compras. As familias poderán presentar este vale selado para xustificar a axuda concedida ata o 12 de novembro de 2020. Os establecementos provedores, pola súa banda, deberán emitir as facturas a nome do Concello de Forcarei antes do 20 de novembro.
  • As contías das axudas a conceder poderán constituír o cen por cento do custe total. O importe máximo para o curso 2020/2021 das Axudas para a adquisición de material básico, escolar, libros, equipamento informático e material de prevención sanitaria e hixiene para estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria será dun máximo de 150 euros por alumno/a.

     

    1

    Engadimos as bases reguladoras deste procedenemento como arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
BASES AXUDAS APOIO ESTUDO 2020-2021.pdf522.46 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario