Skip to Content

Complementarias

PROXECTO DORIS

Resumo da visita de alumnado e profesorado participante no proxecto DORIS (Erasmus+), procedentes de Suecia, Polonia e Gales. Un pracer recibirvos e ser os vosos anfitrións. 

Erasmus Doris 2023

Dentro do Erasmus Doris no que estamos inmersos a través do CFR de Ferrol, recibimos a visita dos nosos socios de Suecia, Polonia e Gales. Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para o noso alumnado. Próximamente unha representación do noso centro acudirá a Gales para poñer fin a este fermoso proxecto. Non poden faltar os agradecedementos tanto á Asociación Cultural Buxainas, como a Jorge Bellón de San Andrés e as familias de alumnado de fala inglesa que viñeron a apoiar as nosas actividades.

FELICITACIÓN NADALCEIP NICOLÁS DEL RÍO

PANXOLIÑAS NADAL

Visita de Menchu e Javier con Lobos de Naraío

O xoves 1 de decembro visitáronnos Menchu e Javier de Lobos de Naraío con Silva, adestrada para axudar a Menchu. Foi unha gran sorpresa para todo o alumnado de educación infantil e primaria.

Ensináronnos a importancia do adestramento e a educación nun can; como poden axudarnos en tarefas cotiás; que os cans non son xoguetes e que a culpa nunca é do can. 

Unha actividade fermosísima que oxalá podamos repetir. 

Grazas Menchu e Javier por este día tan xenial !!! 

MAGOSTO 2022

SAMAÍN 2022

Vídeo resumo das actividades realizadas polo Samaín, que non serían posibles sen a colaboración da Anpa Picapeixe. GRACIAS!!!!

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

FESTA FIN DE CURSO 2021/22

Rematamos o curso 2021/22 cunha gran festa de despedida, que tan merecida tiñan os nosos nenos e nenas tras varios cursos limitados polo protocolo COVID. Deixamos a continuación un video resumo do último día de clase. Esta festa foi posible grazas á colaboración da ANPA PICAPEIXE, ó Concello de Cedeira, ao persoal docente e non docente do noso centro educativo e ás nais colaboradoras nos obradoiros. 

Dende o CEIP Nicolás del Río desexámosvos a todos e todas que pasedes un bo verán! Vémonos no curso 2022/2023! 

 

ROTEIROS SAUDABLES

ROTEITOS SAUDABLES
 
DÍA DA SAÚDE
 
Actividade prevista para o día da saúde que se aprazou por mal tempo e faremos xoves e venres.
 
Club de senderismo y actividades en la naturaleza 2019-2020 - Colegio  privado bilingüe en Sevilla - EUROPA INTERNATIONAL SCHOOL
 
(Preme na imaxe para ver o mapa dos roteiros) 

LETRAS GALEGAS 2022

IX FEIRA DOS LIBROS

Por fin chegou o día!

Todo preparado para a celebración do día do Libro, a través dunha aventura espacial con case 900 libros e máis de 250 participantes.

Mañá, martes 26 de abril, entre as 17h e as 18:30 horas, agardámoste na IX Feira dos Libros.

Non olvides traer os teus vales.

E lembra, coa lectura... ata o infinito e máis alá!

Comeza a conta atrás....

Entroido 2022

No presente curso escolar, festexamos o Entroido dun xeito diferente. Recibimos cada día o mandato do Meco, e rematamos a semana cunha xuntanza no patio, para mostrar os sombreiros elaborados nas aulas (ver vídeo resumo do venres). Esperamos o curso seguinte voltar a saír polas rúas.  O xoves 2 e venres 3, o alumnado poderá asistir ao colexio disfrazado. 

 

DÍA DA PAZ 2022

DÍA DA EDUCACIÓN

O alumnado de Educación Primaria acudiu ao Auditorio Municipal no Día da Educación para ver a película "Matilda" no caso de 1º,2º e 3º;  e "Camino a la escuela" en 4º,5º e 6º de Educación Primaria.

 

PANXOLIÑAS NADAL 2021

Día Internacional das Persoas con (Dis)Capacidade

Entendendo que cada un de nós é únic@ e diferente, no Ceip Nicolás del Río quixemos poñernos na pel das persoas con discapacidade practicando xogos coma “Don Preguntón”, a galiña cega ou deportes paraolímpicos como é o Boccia ou o Goalball porque… a diversidade somos tod@s!

Ademáis dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, adquíronse 20 exemplares do Libro "Plan de Rescate", que trata o tema da discapacidade. Coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, tivemos a sorte de conversar con Antía Yáñez, autora do libro. A rapazada de sexto mostrou un grande interese coa visita da autora, facendo moitas preguntas sobre a temática do libro e tamén sobre os pasos de Antía como escritora. A actividade levouse a cabo na nosa Biblioteca Escolar, quedando todos os libros asinados pola autora!!!

 

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Tomando como punto de partida a cancion "A porta violeta", cada nen@ elaborou a súa propia porta violeta e a chave que a abre.  Entendendo así que cada un de nós temos nas nosas mans a chave que abre a porta a un mundo mellor, onde a violencia de xénero non ten cabida.

 

 

Magosto. Xogos tradicionais.

DÍA DA INFANCIA

No CEIP Nicolás del Río quixemos celebrar o Día Universal da Infancia (20 de Novembro)dando visibilidadeao que tanto botamos de menos nestes últimos tempos, como son os sorrisos das nosas alumnas e alumnos.

Porque un sorriso vale máis que mil palabras. Feliz Día!

Distribuir contido


by Dr. Radut