Skip to Content

Visita de Menchu e Javier con Lobos de Naraío

O xoves 1 de decembro visitáronnos Menchu e Javier de Lobos de Naraío con Silva, adestrada para axudar a Menchu. Foi unha gran sorpresa para todo o alumnado de educación infantil e primaria.

Ensináronnos a importancia do adestramento e a educación nun can; como poden axudarnos en tarefas cotiás; que os cans non son xoguetes e que a culpa nunca é do can. 

Unha actividade fermosísima que oxalá podamos repetir. 

Grazas Menchu e Javier por este día tan xenial !!! 



page | by Dr. Radut