Skip to Content

Secretaría

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Descarga do calendario de elleccións ao Consello Escolar

ANUNCIO SORTEO XUNTA ELECTORAL

O martes 2 de novembro, ás 09:30h, na secretaría no centro, terá lugar o sorteo público para designar os membros que formarán parte da xunta electoral para a renovación parcial do Consello Escolar que terá lugar durante o mes de novembro.  A xunta electoral estrá formada polo director, unha mestre, un pai ou nai e un representante de administración e servizos. 

Cuestionario alumnado, familias e profesorado. Erasmus-Doris.

Cuestionario Erasmus -Doris

Forma parte dun proxecto europeo Erasmus+ no que o teu centro está a participar actualmente. DORIS (Designing Online Readiness in Schools) está a explorar xeitos nos que docentes, alumnado, familias e outros axentes poden traballar conxuntamente para desenvolver e afianzar métodos dixitais de ensino-aprendizaxe.

Este cuestionario é totalmente anónimo e as respostas serán unicamente empregadas para o cálculo de porcentaxes xerais nos diferentes países do proxecto europeo Erasmus+.

CUESTIONARIO FAMILIAS

CUESTIONARIO PROFESORADO

CUESTIONARIO ALUMNADO

Un saúdo e gracias pola colaboración.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

 

Xoves 2 de setembro

 

- 2º de Educación Primaria ………… 11h (aulas)

 

- 4º de Educación Primaria ……...… 12 h (aulas)

 

- 6º C de Educación Primaria….…….. 13 h (patio Areal)

 

 

Venres 3 de setembro

 

- 4º Educación Infantil (3 ANOS) …. 11h (patio do Areal)

 

- 1º Educación Primaria ……………. 12 h (aulas)

 

- 6º Educación Infantil (5 ANOS)….. 13h (patio do Areal)

 

Luns 6 de setembro

 

- 5º de Educación Primaria………………. 11 h (aulas)

 

- 3º de Educación Primaria………………. 12 h (aulas)

 

 

 

Os seguintes cursos non farán reunión presencial e publicarase o listado de material na páxina web:

 

- 5º de Educación Infantil A e B (4 anos)

 

- 6º A e 6º B.

 

 

COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR

INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022
 Con carácter excepcional, amplíase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).
 Teléfono do centro: 881930091. Buscamos colaborador@s!!!

COMEDOR ESCOLAR 2021/22

Estimadas familias

No taboleiro de anuncios están expostas as listas definitivas de usuarios de comedor para o curso 2021/22. 

AVISOS COMEDOR E LIBROS DE TEXTO

COMEDOR ESCOLAR

Publicadas as listaxes de usuarios admitidos no taboleiro de anuncios do centro. Prazo de enmendas ata o luns 19 de xullo. 

LIBROS DE TEXTO

Recollida de vales de axuda de libros de texto e material escolar, ata o venres 16 de xullo en secretaría.

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Correxido erro no libro de inglés de 4º de Educación primaria

LISTADOS PROVISIONAIS ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Xa están publicados os listados provisionais de Admisión para o curso 2021/2022 no taboleiro da secretaría do centro. Para calquera consulta podedes chamar á secretaría do centro 881930091.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021/2022 NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

O prazo de presentación de solicitude é do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

 

A solicitude (ED550B) está á vosa disposición en Secretaría, na aplicación «admisionalumnado»  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou na páxina web do colexio e presentarase por vía telemática na aplicación «admisionalumnado» ou en papel na secretaría do centro.

 

Coa solicitude é obrigatorio presentar un documento acreditativo da idade do alumno (libro de familia, DNI, pasaporte ou partida de nacemento)

 

PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO CON DEREITO A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 

 

 

Orde do 6 de novembro de 2020 polo que se regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e secundaria (Publicadano DOG do 13/11/2020). ED330E

 

O prazo de solicitudes estará aberto durante 10 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación (data límite de presentación o 27 de novembro)

 

As solicitudes están a vosa disposición neste enlace, no centro e na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)

 

Documentación a presentar no centro:

1- Anexo I

2- Anexo II (comprobación de datos)

3- Copia do libro de familia

4- Copia da sentencia de divorcio (de ser o caso)

5- Copia do grao de discapacidade se é dun órgano distinto da Xunta de Galicia (de ser o caso)

6- Copia da documentación xustificativa da violencia de xénero (de ser o caso)

 

Alumnado destinatario:

1- O alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21

 

2- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (como calcular a renda per cápita e as persoas que forman a unidade familiar están establecidas na orde)

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Alumnado exento de presentar a solicitude no centro:

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

 

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

No presente curso, imos facer as seguintes reunións grupais:

 

Reunións coas familias

 

  •      Só un familiar do alumno/a

 

  •       Máscara obrigatoria

 

  •      Desinfectar as mans á entrada

 

Luns 7 de setembro

 

3º A - 11:00 h- entrada por transporte.

3ºB - 12:00 h- entrada por transporte.

3ºC - 13:00 h - entrada por transporte.

 

5ºA - 19:00 h- aula 5ºA (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

5ºB - 19:45 h - aula 5ºB (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

5ºC - 20:30 h - aula 5ºC (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

PROTOCOLO COVID-19 (PROVISIONAL) CEIP NICOLÁS DEL RÍO

En relación ao protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, o equipo COVID do CEIP Nicolás del Río elaborou este plan de adaptación para o noso contexto:

Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021.

Plan de Continxencia do centro educativo.

No caso de producirse novidades, estaremos atentos para informar. Esta primeira versión pretende ser un documento sobre o que poder traballar e realizar achegas e melloras. Calquera membro da comunidade educativa pode realizalas enviando un correo a ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal.

Listados definitivos comedor escolar 2020/21

Publicadas listaxes definitivas de admitivos no comedor escolar no taboleiro de anuncios de secretaría.

Listaxes definitivas das axudas de material e libros de texto.

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro está publicada as listaxes definitivas para axudas de material e libros de texto para o curso 2020/21.

ENTREGA DE VALES LIBROS E MATERIAL: DO 14 AO 20 DE XULLO

HORARIO SECRETARÍA: 10 A 13h

TRANSPORTE ESCOLAR

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO TRANSPORTE ESCOLAR DENDE O 25 DE XUÑO AO 9 DE XULLO

É IMPRESCINDIBLE APORTAR COA SOLICITUDE UN VOLANTE OU CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO DA UNIDADE FAMILIAR

HORARIO PARA ENTREGAR DOCUMENTACIÓN: DE 10:30 A 13:00 H

SOLICITUDE

INTRUCIÓN TRANSPORTE ESCOLAR

 

Distribuir contido