Skip to Content

Xogos Populares 2018

Unha das novidades deste curso é introducir na nosa Programación Xeral Anual unha xornada de xogos populares para todo o alumnado. A intención era facela coincidir co Magosto, pero polas condicións climatolóxicas tivemos que aplazalo para o venres 16 de novembro. Aquí podedes ver un vídeo resumo da xornada.

 

 

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/20

·       DÍA 5-8 NOVEMBRO

-         Constitución Xunta Electoral

-         Publicación das convocatorias de eleccións.

-         Publicación provisional dos censos (na secretaría).

 

·       9 - 19 NOVEMBRO DE 9:00 A 13:30

-          Prazo presentación de Candidaturas.

 

·       20 NOVEMBRO (2ª reunión Xunta Electoral)

-         Proclamación e publicación de candidaturas

-         Aprobación censos definitivos

-         Aprobación de modelo de papeletas

-         Sorteo público da designación dos membros das mesas

 

·       21 - 22 NOVEMBRO

-         Prazo reclamacións á proclamación de candidaturas.

 

·       23 NOVEMBRO

-         Resolución ás reclamacións.

 

·       27 NOVEMBRO

-       Celebración votacións

-       Pais/nais

-       Profesorado

 

·       29 NOVEMBRO (3ª reunión Xunta Electoral)

-         Proclamación de candidatos electos

-         Traslado ao Xefe Territorial das copias de actas das votacións

 

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2018/19

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

 

Realizado o sorteo público o día 30 de Novembro na secretaría do centro ás 12:00h para a constitución da Xunta Electoral, regulada no Decreto 92/1988 do 28 de abril, queda constituída do seguinte xeito:

Directora: Marta Cameselle Barge

Profesor/a: Alejandro Martínez López

Pai/Nai: Susana Romero Crego

Representante de administración e servizos: Rocío Yáñez Rodríguez

 

Son competencias da citada xunta:

Aprobar e publicar os censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome e apelidos dos electores.

b)    Concretar o calendario electoral, de acordo co establecido no regulamento.

c)     Ordenar o proceso electoral.

d)    Admitir e proclamar candidaturas.

e)     Promover a constitución das distintas mesas electorais.

f)      Resolver as reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g)     Proclamar os candidatos elixidos e remitir as correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2018/19

 

SORTEO PARA CONSTITUÍR A XUNTA ELECTORAL (premer aquí)

Resolución do 25 de setembro de 2018 (premer aquí)

RECOLLIDA VALES DAS AXUDAS DOS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os vales das axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º) e material escolar, poderanse recoller en secretaría en horario de 10:30 a 13:00 horas os días 17, 18 e 19 de xullo. As familias que non recollan os vales nestes días, poderán recollelos en setembro.

MATRÍCULA CURSO 2018/19

 

O ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CURSO 2018/19 DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

OS IMPRESOS E A DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN ACHEGAR ESTÁN A VOSA DISPOSICIÓN EN SECRETARÍA

NOTA: O ALUMNADO QUE PASA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TAMÉN DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA E ACOMPAÑAR 2 FOTOS RECENTES (TAMAÑO CARNET) O PRAZO É O MESMO (DO 20 AO 30 DE XUÑO). ENVIAMOS A SOLICITUDE POLO ALUMNADO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018/19

Relación de libros de texto que se utilizaran no vindeiro curso escolar 2018/19

Libros

PRAZOS COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2018/19

TRANSPORTE ESCOLAR 2018/19

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2018/19 DENDE O 15 DE XUÑO AO 2 DE XULLO (AMBOS INCLUSIVE).

SOLICITUDES DISPOÑIBLES NA SECRETARÍA DO COLEXIO OU DESCARGAR AQUÍ:

- SOLICITUDE TRANSPORTE

COMEDOR ESCOLAR 2018-19

Aberto o prazo de solicitudes para comedor escolar dende o 15 de xuño ao 2 de xullo (ambos inclusive).

As solicitudes están dispoñibles na secretaría do colexio ou descargar aquí:

- SOLICITUDE, AUTODECLARACIÓN E NOTA INFORMATIVA.

XUÑO

PRIMEIRAS XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut