Skip to Content

REMATAMOS O CURSO!!

Bo día a tod@s!

 

Xa rematamos o curso e este trimestre "tan especial" no que vivimos experiencias e aprendizaxes moi diferentes ás que estabamos acostumados.

 

Seguro que houbo momentos máis ou menos difíciles polas circunstancias persoais de cada familia, pero ao final penso que todas fixemos un gran esforzo para superar esas dificultades e conseguir en termos xerais, un fantástico traballo tanto individual como colectivo do que sentirnos moi orgullosas!!

 

Así que moitas gracias e os meus máximos parabéns polo voso xeneroso esforzo en todo este tempo!!yes

 

 

Déixovos tamén os últimos enlaces do Xogo de Marcelino.

 

Lembrade que unha vez teñades  contados todos os Marcelinopuntos, deberedes enviarme ao correo un xustificante con todos os Marcelinopuntos que conseguichedes en cada video e o número total deles.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=BxWYYBya1Ks&t=13s   Pingüíns.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Qd2InoysgTo&t=1s    Natación.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-ndpVz9l-hk&t=1s   Sistema solar.

 

 

https://view.genial.ly/5ed90bbedbbb930d03ea6b19/presentation-delfines  Golfiños

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=nrfi5GBdFZ8&t=25s    Ioga.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=jN5N2ljBlNw   Golfiños.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=cbAuoxz6dkQ    Videoxogo.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=p2J4jNmgKcw    Salto Ángel.

 

 

Espero que o pasarades moi ben co Xogo e que consigades eses 50 Marcelinopuntos para poder ver os vídeos segredos de Marcelino!!

 

 

"SPOILER"!!!!

O Martes 30 de xuño estarán dispoñibles os videos segredos de Marcelino...soamente para aquel@s que teñan 50 Marcelinopuntos!!

 

 

Se no verán queredes manter unha liña de traballo cos vosos fillos e fillas, recomendaríavos principalmente seguir traballando noutros novos proxectos de investigación tal e como viñemos facendo ata agora.

 

Se algunha familia necesitara algunha ficha estándar máis, coma as de LG de animais, facédemeo saber e colgareinas aquí no blogue.

 

Aínda que agora mesmo, a corto prazo, o que recomendo é un tempo de descanso e desconexión, para retomalo despois con máis forza.

 

Espero vervos na recollida do material do día 23 e/ou na despedida informal que faremos case seguro o martes 30 pola tarde na Congorza (esto último aínda é provisional)

 

Xa sei que verémonos por aí no verán ou no próximo curso no cole, pero quixera agradecervos publicamente (nenas, nenos, nais, pais, tíos, avós,....) toda a vosa atención, cariño e colaboración neste case 2 anos que levamos coñecéndonos.

 

Para min foi un auténtico pracer compartir tantas experiencias e aprendizaxes con todas vós!!

 

 

 

heartLevareivos nunha parte do meu corazón para toda a vida!!heart

 

 

 

 

Feliz verán a tod@ssssss!!!!!

 

 

 

Juan

 



blog | by Dr. Radut