Skip to Content

Blogues

Xornal O Facho

XORNAL O FACHO

Nova entrega do noso xornal!

Durante a semana pasada os encargados do TEMPO foron os rapaces e rapazas da clase de 4anos B que colocaron un calendario do tempo de todo o mes de Novembro e tamén a temperatura. Bo traballo!

As NOVAS foro elaboradas por 5ºB que adicou o seu tablón a destacar noticias relacioandas cos valores do deprote tanto positivas coma negativas.

O apartado de CURIOSIDADES foi adicado a Cangas e a península do Morrazo detacando os seus manumentos e paisaxes. Esta sección do xornal elaborárona o alumnado de 2ºB que tamén pasou outro día polo tabloleiro para contemplar a súa publicación.

NORABOA A TÓDALAS AULAS! SEGUIDE ASÍ!

Deportistas en Nazaret

OS NOSOS DEPORTISTAS

 

O mes de novembro foi o mes adicado ao FÚTBOL.

 

 

Lembrade que decembro será o mes adicado á ximnasia rítmica, danza e similar.

 

Traede as vosas medallas, equipacións ou fotos para poder expoñelas no taboleiro!

Xornal O Facho

Xornal O Facho

Nova entrega do noso xornal!

Esta semana os encargados do TEMPO foron os alumnos e alumnas de 4 anos A que decoraron con follas otoñais a data e a predicción do tempo.

Das NOVAS ocupáronse o alumnado de 5ºA que nos achegaron pequeñas noticias da actualidade.

O apartado de CURIOSIDADES foi elaborado pola aula de 2ºA que nos mostraron temas tan interesantes como a mitoloxía, a avespa chinesa e o punto lila de Cangas.

Noraboa reporteiros e reporteiras!

Xornal O Facho

 Xornal O Facho

 

Nova entrega do Xornal O Facho!

 

Esta semana a clase encargada do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos B que escolleron unhas nubes moi bonitas para alegrar estos días tan chuviosos.

 

As NOVAS elaboráronas o alumnado de 6ºB que elixiron noticias positivas sobre temas variados.

 

A clase de 3ºB encargouse do apartado de CURIOSIDADES que adicaron a ofrecernos datos importantes sobre as Olimpiadas que, como xa sabedes, é a temática do cole para este curso.

 

Bo traballo reporteiros e reporteiras!

Pasádevos polo noso xornal, sempre hai novidades!

Comeza o xornal O Facho

Xornal O Facho!

 

Cada semana 3 aulas encargaranse da súa edición e os venres subiremos unha foto de todo o elaborado.

Na primeira semana  os encargados da sección O TEMPO foron os alumnos e alumnas de 5 anos A que dende o martes foron sinalando a data, a estación do ano, o tempo e a temperatura diaria con debuxos feitos por eles mesmos.

O alumnado de 6ºA encargouse das NOVAS que elaboraron sobre o cambio climático e o medio ambiente xa que é un tema moi de actualidade e que ademais lles interesa moito.

A sección de CURIOSIDADES estivo a cargo da aula de 3ºA que explicaron datos interesantes como " Por que se tira das orellas cando se está de aniversario?" ou " Cal é a orixe dos caramelos?"

 

Esta primeira edición quedou xenial, esperamos que vos gustara tanto como a nós e vos animedes a participar cando sexa a vosa quenda.

 

Ata pronto reporteiros e reporteiras! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut