Skip to Content

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

 

Boa tarde amigas e amigos!!

Xa queda moi pouquiño para que demos por finalizado este curso tan particular…

O venres 19 de xuño rematan oficialmente as clases, e este curso 2019-2020 finalizará sen que poidamos xuntarnos e reflexionar sobre estes dous anos tan intensos e bonitos ( a lo menos para nós, as vosas mestras e os vosos mestres).

O próximo curso cambiarán algunhas cousas, como por exemplo, as vosas aulas!! Porque xa estaredes en 3º!!

Despois de 5 anos neste edificio tan especial, daredes un paso adiante e estrearedes o novo curso no edificio dos alumnos e alumnas maiores do cole. Estaredes no piso de arriba, e compartiredes corredor cos nenos e nenas de 5º e 6º.

Como vedes, temos moitísimas cousas das que nos gustaría falar con vós e que nos contarades que pensades e que sentides. Lamentablemente non imos a poder facelo coma sempre e coma nos gusta, xuntos nas nosas aula.

Por iso a nosa proposta para estes días é que fagades unha reflexión pausada e honesta sobre estes dous anos neste ciclo, e tamén que nos contedes que vos esperades o próximo curso.

Gustaríanos que nos responderades a estes tres bloques de cuestións:

  • O COLE
    • Como valoras estes dous anos no cole?
    • Que é o mellor e o peor que lembras?
    • Cal foi a actividade, excursión, festa… que máis che gustou?
    • Cal é o teu espazo ou lugar favorito do cole?
    • Quen foi a persoa que máis te sorprendeu nestes dous anos?

 

  • A NOSA AULA
    • Como te sentiches coa túa mestra?
    • E cos teus compañeiros e compañeiras?
    • Quen é a túa persoa favorita na clase?
    • Gustábache a túa aula?
    • Cal é o teu mellor recordo destes dous anos?
    • Que é o que máis botarás de menos?

 

  • O PRÓXIMO CURSO
    • Estas emocionada ou emocionado de pasar para 3º?
    • Gústache a idea de cambiar de edificio o próximo curso?
    • Quen che gustaría que fose a túa mestra ou mestre?
    • Gustaríache cambiar de compañeiros e compañeiras o próximo curso?
    • Que te esperas de esta nova etapa?

 

Enviádenos as vosas respostas aos nosos correos electrónicos!! Como o fagades é a vosa elección. Podedes facelo como un cuestionario, escribir unha carta integrando as respostas nos vosos textos, gravarvos en modo de entrevista (pedídelle a alguén que vos axude), creando unha historia ou un cómic… o que queirades!!

É moi importante para nós saber como vos sentides, por iso é importante que todos e todas participedes e nos enviedes as vosas creacións.

Moitos bicos a todos e todas!!!



blog | by Dr. Radut