Skip to Content

blogue deAnaG

Rematamos o curso

  Boas a tod@s!

  Oficialmente o curso xa rematou o venres 19, dende o blogue do cole

  quería decirvos que xa pasaron 3 meses dende aquel 13 de Marzo,

 estou moi orgullosa de vos porque supéchedeles levalo e facelo

  moi ben!

  “Ademáis de todas as lembranzas ,de momentos vividos e compartidos

   durante Terceiro é parte de cuarto...”

 

  Éste  foi  un curso tremendamente diferente e especial, no que   

  aprendíchedes por vos mesmos,o voso esforzo e participación foi moi

 importante!

  Por todo iso espero que pasedes un excelente  e merecido verán!

   Seguro que nos atoparemos,

    Unha fortísima aperta

    SEMPRE EN MINheart

    

    Non vos esquenzades de enviarme a carta!

 

Rematando o curso

  Ola de novo!

  Xa estamos rematando éste curso.

  Alegroume moito mirarvos a algunha/algún pola rúa nestes días, a medida que pase o tempo xa       

  teremos mais liberdade, o estades a facer moi ben!

  Como última tarefa vos propoño ,a o igual que a outra clase, que fagades unha redacción

  pensando neste tempo que estivemos  xuntos

 

  Déixovos unha guía, podedes seguila ou non, e a vosa opción: 

  1. Que é o que mais lembras como positivo nestes dous anos?

  2. Que é o que non che gustou?  

  3. Estás  satisfeito do teu traballo ao longo do curso?

  4. Consideras que aprendeches cousas novas?

  5. Estás content@ co teu grupo/aula? 

  6. Gustaríache que se mesturaran os dous cuartos?

   ........

  Podes escribir todo aquelo que che apeteza, non esquenzades que eu tamén estou no grupo, e

  farei o meu escrito.

 

  Xa sabedes que as respostas somente con "si" ou "non", non valen.

 

  Cando o teñades rematado o enviades ao meu correo ana.gonzalez@edu.xunta.es

    

Xogando e aprendendo

  Ola a tod@s

  Eiquí deixo dúas páxinas mais!

  Una aperta 

 

 

 

 

Propostas de repaso

    Ola de novo:

    Déixovos mais links para que poidades seguir xogando e aprendendo ou repasando...

    Xoga a “Quen quere ser millonario” e consigue a máxima puntuación.

    Preme no link e a xogar!

  

   DÉIXOVOS TAMÉN  DOUS LINKS SOBRE ANIMAIS VERTEBRADOS  E  INVERTEBRADOS 

   PREMEDE EN CADA UNHA DAS  IMÁXES

                                                                  

Animales vertebrados - ¿Qué son?, características, clasificación y más                50 Ejemplos de Animales Invertebrados

 

 Tedes tamén 1 PDF sobre o tema para que lle botedes unha ollada,e outro sobre cousas que

  podedes facer durante éste mes de Xuño,se queredes mandarme fotosou vídeos ou escritos

  sobre as propostas que facedes , xa sabedes que eu "super encantada " de recibilas.

  Ánimo!

   

  " Unha aperta enorme na que collamos  tod@s"

Xogando e repasando

   Ola!

   Hoxe déixovos unhas propostas de páxinas para  que repasedes  xogando!

   Espero e desexo que tod@s estedes ben, xa sabedes que podedes escribirme

   si vos apetece e  contarme  (agora que xa podedes  facer mais cousas)   como

   estades....ou o que queirades!

   

   Premede nas imáxes

      

  

     

 

    

 

   

 

     E como non!  déixovos  esta páxina moi interesante na que podedes xogar e aprender

     ao   mesmo tempo!

     

 

     Quérovos!

 

 

  

 

 

 

Propostas

   Ola de novo!

  Nesta  ocasión  as propostas son ; facede clic na imáxeenlightened

             

   Tedes tamén un arquivo en PDF que é un xogo e un arquivo de mandalas para que as

   deixedes  fantásticas , como  vos  sabedes! Elexide as que queirades 

                               Unha aperta moi moi grande!

 

 

 

  

  

XOGOS : RICARDO CARVALHO CALERO e INTERDISCIPLINAR

 

   Ola a tod@s:

    Achegámosvos dous xogos moi amenos e instructivos elaborados por profesorado do

  CEIP Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar, de Ourense por se os queredes utilizar .

  O primeiro Genially está dirixido a nenos e nenas de Ed. Primaria.

  As actividades son un resumo da biografía de Ricardo Carvalho Calero e está feito por María José

  Pato Fernández, mestra de Ed. Primaria. 


 https://view.genial.ly/5eb980e444b29c0d09298472/horizontal-infographic-timeline-genially-sin-titulo

   O segundo son actividades interactivas e interdisciplinares que teñen como finalidade que 
 
   aprendades xogando, ao mesmo tempo que se estades a  traballar contidos das diferentes
 
   materias. 
 
  Foi elaborado por María José Pato Fernández coa colaboración de
 
  María Josefa del Río Mosquera, ambas  son mestras de Educación Primaria.
 
  Moito ánimo e apertas!
 
  
 
 
 

 

De viaje con Sul Solar

Benquerida rapazada!

Espero e desexo que tod@s estedes ben.

Para a proposta que vos deixo hoxe precisades o seguinte material:

- Folios 

- Colores diferentes

- Bolígrafos

- Unha lupa

Esta actividade está centrada na observación atenta e a imaxinación. Vos animades?

A idea é que observemos a imaxen. Si podemos miralo cunha lupa longos minutos moito mellor.

Imos deternos a observar cada detalle e compartilo coa familia si tedes a oportunidade

Que vemos?

En que nos fai pensar?

 

Lembrade que, aínda que creamos que a vista é transparente, non sempre vemos as mesmas

cousas!

Unha vez avanzada esta observación atenta, preguntámonos: si estivésemos nesa nave,

- cara a onde estariamos a ir?

- cara a onde nos gustaría ir?

Para explorar a fondo estas preguntas, suxérovos poñer unha bela música clásica e debuxar

ese percorrido ou ese lugar ao que nos imaxinamos viaxando. Lembrade que a imaxinación é

moi liberadora, e que nos permite ir lonxe mesmo estando dentro de casa.

Disfrutádeo e buscade un momento de tranquilidade!

Plasmade nun folio ese sitio que imaxináchedes e escribide tamén todo o que pasou polo voso

pensamento...estou desexando miralo!

Apertas!

 


 

 

Xa podemos facer mais cousas!

  Ola de novo!

        Xa podemos facer mais cousas! puxen ésta entrada no blogue porque supoño que co bo

    tempo que fai e o pemitirnos xa sair a rúa, aínda que sexa con normas, estaredes

   content@s!

       Temos que seguir facendo caso ao que nos din, e facelo con sentidiño xa que pasamos a

    experiencia dunha dura etapa.

    Nos seguimos co curso escolar,estou desexando mirar esas marabillas que fixéchedes

    estando na casa.

        Hoxe déixovos un enlace para que repasedes o que aprendéchedes das plantas,     

      animádevos a escribirme,contándome o que vos apeteza!

                         Pronto nos veremos

                             Quérovos!

 

   As plantas en galego (facede clic nos diferentes enlaces)

    Castelán

 

LETRAS GALEGAS 2020

Estimad@s compañeir@s:

Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística envíannos estes recursos  para dar a coñecer

dende diferentes contextos  a figura de Ricardo Carbalho Calero

- CARTEIS PRIMARIA

 https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-       20726.pdf

 

   

   

  

  

  

- NO SEGUINTE ENLACE TEDES VARIEDADE ACTIVIDADES DINAMIZADORAS (FAI CLIC NA IMAXE)

                           

 

- COLECCIÓN DE 24 CARICATURAS de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez.

      Tédelas en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-

           Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html.

 

  - O PROXECTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA da Coordenadora de Equipas de Normalización

Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en

formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e maisa unidade didáctica. 

                  Tedes todo en:  http://aspitas.gal/

                                              O CONTO                                                                         

                                     

 

 

ASÍ MESMO, ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR NAS SEGUINTES INICIATIVAS:

 

- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de

fomentar a creatividade literaria en galego.

   Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel

     carballo centenario…”. 

  Atoparedes as bases en:

   https://www.lingua.gal/a-secretariaxeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco

 

 

- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade 

láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan

o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio.

       Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-

xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-

2020

 

SAÚDOS E QUE PASEDES UN FELIZ

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

            

Distribuir contido



by Dr. Radut