Skip to Content

blogue deEli

SOÑOS

BOS DÍAS NENOS E NENAS !!!

PREPARADOS PARA A DERRADEIRA SEMANA DESTE CURSO?

COMO ALGÚNS DE VOS NOS DICIDES QUE NON DURMIDES BEN

OU TENDES PESADELOS HOXE TRAEMOS UN CONTO MOI ESPECIAL.

PREMEDE NA IMAXE PARA ESCOITALO

 

 

QUEREDES APRENDER AGORA UNHA CANCIÓN DOS SACAPENAS? PREMEDE NESTA OUTRA IMAXE

 

 

MOI BEN AGORA SO TENDES QUE FABRICAR OS VOSOS PROPIOS SACAPENAS.

REBUSCADE NO MATERIAL QUE VOS ENVIAMOS, USADE COMO BASE UN DEPRESOR,

PEGÁDELLE OLLIÑOS, DEBUXÁDELLE UNHA BOCA, E DESPOIS PODEDES FACERLLE

A ROUPA CON GOMA EVA OU FIELTRO DE CORES, PARA O PELO PODEDES USAR ESTES

MATERIAIS OU ANAQUIÑOS DE LÁ QUE TEÑADES POR CASA.

 

ESTAMOS DESEXANDO VER AS VOSAS CREACIÓNS!!!

 

BIQUIÑOS DAS PROFES !!!

 

RICO, RICO

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

PREPARADOS PARA COCIÑAR?

HOXE TRAEMOS UNHA RECETA MOI SINXELA PERO MOI SABOROSA

GALLETAS DE NUTELLA

PARA ELABORALA NECESITEREDES SÓ 3 INGREDIENTES:

1 OVO

140 GR DE FARIÑA

200 GR DE NUTELLA

MODO DE PREPARACIÓN:

 

 

 

PRIMEIRO TES QUE BATIR BEN O OVO COA AXUDA 

DUN GARFO OU UN BATEDOR

 

 

 

 

 

A CONTINUACIÓN MESTURA POUCO A POUCO A FARIÑA

 

 

 

 

 

 

 

DESPOIS MESTURA A NUTELLA ATA QUE

TEÑAS UNHA MASA HOMOXÉNEA

 

 

 

 

 

AGORA FAI PEQUENAS BOLAS E APLASTAAS

UN POUQUIÑO COLOCÁNDOAS NUNHA BANDEXA

SOBRE UN PAPEL PARA FORNO

 

 

 

 

 

METEAS NO FORNO PRECALENTADO A 180 GRAOS

ENTRE 8 E 10 MINUTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAAS ARREFRIAR UN POUQUIÑO

E LISTAS PARA COMER.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BO PROVEITO COCIÑEIROS!!!

 

LEMBRADE CUBRIR A FICHA COS INGREDIENTES.

PODEDES ANIMARVOS A ESCRIBIR TAMÉN OS PASOS OU A DEBUXALOS.

NAVEGANDO POLO MAR

BOS DÍAS A TODOS!!!

QUE TAL O FIN DE SEMANA?

AGARDAMOS QUE O PASÁRADES MOI BEN.

ARCOIRIS É O PEIXE MAIS FERMOSO DO OCÉANO, COAS SÚAS ESCAMAS DE MIL CORES.

PERO A PESAR DISO  SÍNTESE MOI SÓ.

SE QUERES COÑECER A SÚA HISTORIA PREME NA IMAXE

EDITORIAL: BEASCOA

AUTOR: MARCUS PFISTER

SOPLAREI, E SOPLAREI E A TODOS OS PAPAREI

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

HOXE TOCA COCIÑAR E TRAEMOS UNHA RECETA BEN RICA.

PARA LEVALA A CABO PRECISAREDES OS SEGUINTES INGREDIENTES:

        - UNHA LÁMINA DE HOXALDRE

        - UN OVO

        - FARIÑA OU AZUCRE EN PO

        - SE QUEREDES FACER UNHA RECETA SALGADA PRECISAREDES: PAVO E                        QUEIXO, CHOURIZO OU SALCHICHAS...

        - SE QUEREDES FACER UNHA RECETA DOCE PRECISAREDES: CREMA DE                        CHOCOLATE, MEMBRILLO, MARMELADA DO SABOR QUE MAIS OS GUSTE.

 

MODO DE PREPARACIÓN:

 

SE A LÁMINA DE HOXALDRE É CONXELADA, TEREDES QUE DESCONXELALA 

PREVIAMENTE, SE É FRESCA NON SERÁ NECESARIO.

SE IDES FACER UNHA RECETA SALGADA ESPARCIDE UN POUCO DE FARIÑA SOBRE

SUPERFICIE DE TRABALLO PARA PODER ESTIRAR A MASA E QUE NON QUEDE

PEGADA, SE IDES FACER UNHA RECETA DOCE TEREDES QUE ESPARCIR UN

POUCO DE AZUCRE EN PO.

 

    AGORA TEREDES QUE ESTIRAR UN POUCO A

   MASA COA AXUDA DUN RODILLO.

   TENDE COIDADO DE NON DEIXALA MOI FINA

PARA QUE NON ROMPA Ó MANIPULALA.

 

 

 

 

         SE NON TEDES UN RODILLO PODEDES USAR UNHA

        BOTELLA QUE TEÑADES EN CASA.

 

 

 

 

 

 

  UNHA VEZ ESTIRADA TEDES QUE CORTAR PARELLAS DE CÍRCULOS.

PODEDES FACELO CUN CORTAPASTAS OU FACELO CUN VASO REDONDO.

   AGORA TEDES QUE SEPARAR OS CÍRCULOS E RESERVAR A MASA SOBRANTE

PARA FACER OS ADORNOS.

 

 E AGORA COLOCADES UNHA PARTE SOBRE UNHA BANDEXA DE FORNO CUN PAPEL DE FORNO

 

COLOCADE AGORA O QUE QUEIRADES POR DE RECHEO E OUTRO CÍRCULO DE MASA ENRIBA.

COS RESTOS DE MASA FACEDE UNHA BOLIÑA PEQUENA PARA O FUCIÑO DO PORQUIÑO, APLASTÁDEA E FACÉDELLE DOUS BURAQUIÑOS PEQUENOS.

DESPOIS RECORTADE DOUS TRIÁNGULOS PARA AS ORELLAS (QUE NON SEXAN MOI PEQUENOS POIS ENCOLLERÁN NO FORNO).

DESPOIS FACEDE DOUS PEQUENOS BURAQUIÑOS PARA OS OLLOS.

 

 

 

     AGORA TEDES QUE PINTAR A SUPERFICIE CON

    OVO BATIDO PARA QUE QUEDEN BEN

    DOURADIÑOS

 

 

 

 

COA AXUDA DUN ADULTO TEDES QUE POR O FORNO A QUENTAR A 180 GRAOS E

METER A BANDEXA E COCIÑAR O TEMPO QUE INDIQUE O ENVASE DE HOXALDRE.

 

UNHA VEZ QUE ENFRÍEN ESTARÁN LISTOS PARA COMER.

BO PROVEITO !!!

LOBO FEROZ

BOS DÍAS A TODOS !!!

QUE TAL O PASATES A FIN DE SEMANA ?

AGARDAMOS QUE APROVEITARADES PARA DAR UN PASEÍÑO E TOMAR O AIRE.

HOXE COMEZAMOS O TRABALLO DO ÚLTIMO MES DE CURSO.

ESTADES A FACELO MOI BEN E ESTAMOS ENCANTADAS DE RECIBIR TODOS ESES TRABALLIÑOS QUE FACEDES.

HOXE TRAEMOSVOS UN CONTO DUN LOBIÑO FEROZ QUE SO COMÍA PAPAS CON ARROZ,

SE QUEREDES COÑECER A SÚA HISTORIA PREMEDE NA IMAXE.

 

 

EDITORIAL: OQO

TRADUCTOR MARIA LUISA NÚÑEZ ÁLVAREZ:

ILUSTRADOR: JOSE MANUEL GÓMEZ PRIETO

 

E AGORA QUE XA COÑECEMOS A SÚA HISTORIA, IMOS APRENDER A CANCIÓN DO CONTO.

VEREDES QUE DIVERTIDA!!!

 

 

 

RICO, RICO!!!

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

ESTA SEMANA ESTAMOS A TRABALLAR AS SERIACIÓNS E HOXE IMOS TRABALLALAS DUNHA FORMA RICA, RICA.

HOXE FAREMOS BROCHETAS DE FROITA. TEDES QUE COLLER UNHA CROCHETA DE PAU OU DE METAL E ENSARTAR ANACOS DE FROITA QUE OS VOSOS PAIS CORTARAN PRECIAMENTE. 

TEDES QUE USAR ALOMENOS DUAS FROITAS, PERO O NÚMERO O DECIDIDES VOS.

AQUÍ TEDES ALGÚNS EXEMPLOS

QUE APROVEITE!!!

BICOS DAS PROFES

CREANDO DEBUXOS

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

QUE TAL PASASTES A FIN DE SEMANA?

DESFRUTACHEDES DO SOL E DOS PASEÍÑOS?

HOXE VOS TRAEMOS UNHA PROPOSTA DE CONTO DIFERENTE.

AQUILES REPRESENTA TODA A CURIOSIDADE E A CAPACIDADE DE CAMBIO QUE TEÑEN OS NENOS

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O CONTO

A CONTINUACIÓN VOLVEDE A VER O VÍDEO TENTANDO DEBUXAR A AQUILES DO MESMO XEITO QUE O FAI O SEU ILUSTRADOR.

PODEDES USAR CALQUER MATERIAL, PLASTIDECOR, ROTULADORES, LÁPICES...PAPEIS DE CORES, MATERIAIS DE REFUGALLO 

TODO VALE!!!

 

MONSTROS

BOS DÍAS A TODOS/AS

HOXE TRAEMOS UN CONTO MOI DIVERTIDO

O MONSTRO QUE VIVE NEL QUERE QUE SOLTEMOS O LIBRO XA! DINOS QUE BUSQUEMOS OUTRO !

ESCOITEI QUE ESTE LIBRO ESTÁ ENCANTADO.

NON SEI SE SERÁ MELLOR IDEA IR XOGAR OU IR DAR UN PASEO!!!

SE ERES VALIENTE E QUERES SABER O QUE PASA DENTRO DO LIBRO, PREME NA IMAXE.

 

EDITORIAL: BRUÑO

AUTOR: ANDY LEE

ILUSTRADOR: HEATH MCKENZIE

 

AGORA QUE XA VICHES O QUE PASABA NO CONTO IMOS CREAR O NOSO PROPIO MONSTRUO.

PODES UTILIZAR CALQUER MATERIAL QUE TEÑAS NA CASA.

AQUÍ TES ALGUNHAS PROPOSTAS

 

ESTES MONSTRUOS ESTÁN FEITOS CON

CALCETÍNS DESPARELLADOS.

PODES PEGARLLE ANACOS DE LÁ PARA

PELO OU FIOS DE CORES.

PODEN TER 1, 2, 3 OU 10 OLLOS.

PODES FACELOS CON CARTULINA, CON

BOTÓNS, CON TEA, TODO VALE.

ISO SI, OS DENTES AFIADOS NON PODEN FALTAR.

 

 

 

 

 

 

 

PODES PORLLE GAFAS, BIGOTE, UNS

BEIZOS BEN GRANDES.

DECORAO O TEU GUSTO.

 

O LÍMITE É A TÚA IMAXINACIÓN !!!

 

 

 

 

 

 

E SI NON TES CALCETÍNS

DESPARELLADOS A MAN,

SEMPRE PODES USAR 

OUTROS MATERIAIS.

BOTELLAS BALEIRAS,

TUBOS DE CARTÓN

BOLSAS DE PAPEL,

CAIXAS DE GALLETAS

OU CEREAIS

 

 

 

 

ESTAMOS DESEXANDO RECIBIR FOTOS DESTES SERES MONSTRUOSOS !!!

 

UN BICO E UNHA APERTA BEN GRANDE DAS PROFES

LETRAS GALEGAS 2020

BOS DÍAS NENOS E NENAS !!!

ESTE É O TRABALLO QUE LEVARON A CABO OS NENOS E AS MESTRAS DE 5 ANOS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.

ESTE ANO ESTÁ ADICADO A RICARDO CARVALHO CALERO E ESTA É UNHA ADAPTACIÓN DO SEU CONTO

"AS PITAS BAIXO A CHUVIA"

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O RESULTADO 

CORRE, CORRE CABACIÑA

BOS DÍAS NENOS E NENAS !!

AGARDAMOS QUE PASARADES UN BO FIN DE SEMANA.

O CONTO QUE FIXESTES ENTRE TODOS QUEDOU XENIAL, ESTADES TRABALLANDO MOITÍSIMO.

E COMO SABEMOS QUE OS CONTOS VOS GUSTAN MOITO IMOS SEGUIR HOXE CUN CONTO MOI ESPECIAL. 

O VENRES PASADO FOI O DÍA DA FAMILIA E HOXE O CONTIÑO FALANOS DUNHA AVOA QUE FOI VISITAR A NETA PORQUE SE ÍA CASAR.

QUE AVENTURAS VIVIRÁ POLO CAMIÑO?

PREMEDE NA IMAXE PARA AVERIGUALO.

 

EDITORIAL: OQO

AUTOR/A: EVA MEJUTO RIAL

ILUSTRADOR: ANDRÉ LETRIA

 

NESTE OUTRO ENLACE PODEDES ESCOITAR E CANTAR A CANCIÓN

 

BIQUIÑOS DAS PROFES !!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut