Skip to Content

 

5º Educación Infantil

XOGOS DE MESA 5º A INFANTIL

Aprendemos a contar, tiramos o dado e sumamos , esperamos turno e ensinamos os compañeiros que non teñen paciencia. A ver quen chega o final do xogo. Preme na imaxe para ver o video. 

         

O MONSTRO DE CORES 5º A INFANTIL

Neste trimestre traballamos o proxecto do monstro de cores, aprendemos cales son as emocións e como enfrentarnos a elas. Xogamos, fixemos manualidades, dramatizamos,  disfrazámonos, cociñamos e ata bailamos. Como desfrutamos e canto aprendemos. Preme na imaxe para ver o video.

 

APRENDEMOS XOGANDO 5º B INFANTIL

Facendo uso dos diferentes materiais didácticos e de elaboración facemos series, contamos, traballamos a atención, memoria visual, situación espacial, descubrimos a electricidad estática… PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO.

LAND ART 5º B INFANTIL

Primeiro vimos imaxes de land art, despois fixemos equipos para coller diferentes elementos da natureza e crear as nosas obras de arte land art. PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO.

TRABALLO EN EQUIPO 5º B INFANTIL

Partindo do conto “O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO COMO PERICO” fixemos entre todos o mural que temos no corredor e fixemos unha pequena representación. PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO.

 

VISITA A FUNDACIÓN SALES DE 5º INFANTIL

Os nenos e nenas de 5º de infantil visitamos a Fundación Sales de Vigo. Alí fixemos obradoiros de plantación de repolos, estampación de fento en teas e  unha visita guiada polo xardín botánico onde descubrimos unha chea de árbores  e xogamos no bosque de bambú. Pasámolo en grande!. Preme na foto para ver o video.

IOGA NA AULA DE 5º A INFANTIL

Na aula comezamos unha actividade de ioga, moi relaxados algúns pero seguiremos traballando para conseguilo. Preme na imaxe para ver o video.

MAGOSTO 5º A INFANTIL

Celebramos o magosto no cole e a nosa aula fixo unha caixa para levar as castañas cun brick de leite. Na festa, comemos, bebemos e bailamos. Que ben o pasamos.

Preme na imaxe para ver o video.

SAMAÍN 5ºB

Así vivimos e disfrutamos do Samaín: decorando a porta, a aula, facendo manualidades, contando que é o que nos da medo, participando nas actividades propostas dende os diferentes equipos do centro, visitando a exposición de cabazas realizadas polas familias, pasando por todas as portas para ver as decoracións de outros cursos e como non, disfrutando da merenda terrorífica para coller forzas para ir xogar cos xogos, que nos tiñan preparados. PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

SAMAÍN EN 5º A INFANTIL

Celebramos o Samaín na aula e no colexio con actividades para averiguar a que temos medo, fixemos manualidades e decoramos a porta da aula. Que ben o pasamos e canto traballamos. Preme na imaxe para ver o video.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut