Skip to Content

 

5º Educación Infantil

EXPERIMENTAMOS CO AZUL

Este venres os nenos de 5º de Educación Infantil celebramos un obradoiro no que experimentamos coa cor azul para así entender mellor coma Pablo Ruiz Picasso podía facer empregando unha soa cor cadros tan impresionantes coma "O guitarrista cego", "A traxedia"... 

Empregando soamente tres cores (azul, blanco e negro) conseguimos 8 tonalidades diferentes de azul. Coas cores que nos mesmos creamos confecionamos a nosa propia paleta de cores. 

Preme na paleta para ver o ben que o pasamos en 5º EI B.

QUE NOS ESPERA NO TERCEIRO TRIMESTRE?

Rematamos o trimestre e con el, o noso proxecto sobre as abellas, pero deixamos xa algunha "pincelada" do terceiro na clase e de paso practicamos un pouco a grafomotricidade.

Adiviñades sobre que imos investigar o que nos queda de curso escolar? 

VISITAMOS A BIBLIOTENDA

Hoxe os nenos e nenas de 5º de E.I. B visitamos a bibliotenda. O esforzo de todas estas semanas aforrando os biblioeuros gañados tivo recompensa!

 

A NOSA HORTA

 Os nenos e nenas de 5º de infantil, no día da primavera, fixemos unha plantación no nosa horta, leitugas, tomates, amorodos e pementos.

 Aireamos a  terra, fixemos o burato e plantamos con moito coidadiño, e regamos. Agora a coidalo tódolos días e ver como crece e saen os froitos. Preme na imaxe para ver o video.

OBRADOIRO DE GALLETAS DE MEL 5º INFANTIL

Os nenos e nenas de 5º de infantil fixemos un obradoiro sobre o noso proxecto das abellas, cociñamos galletas de mel. Contamos os ingredientes que necesitamos, e seguimos a receita. Pesamos a fariña e a manteiga, mesturamos os ovos e engadimos a manteiga, fariña, azucre e mel, remexemos e facemos boliñas e ó forno. Mentres esperamos ó cociñado, completamos a ficha da receita para levar a casa e cando saen do forno, que arrecendo máis delicioso!, levamos galletas de postre para despois de comer e que proben as familias. Preme na imaxe para ver o video.

XOGAMOS COAS MATEMÁTICAS

Clasificar, sumar, ordear, facer simetrías, copiar patróns, series... as matemáticas son máis divertidas xogando. Preme na imaxe para comprobalo da man dos nenos e nenas de 5º E.I. B.

A PRENSA NA AULA

Os nenos e nenas de 5º A de infantil estivemos a traballar a prensa na aula, miramos o Faro de Vigo, buscamos a noticia que máis nos chamou a atención , recortámola e fixemos o noso mural.

 

MOS NEWS

O alumnado de 5º de Educación Infantil B convertémonos en xornalistas esta semana. Preme na imaxe para ver o resultado.

 

 

"TODOS E TODAS CONTAMOS"

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil tiveron a sorte de participar na actividade "Todos e todas contamos" levada a cabo por Igualarte. Desfrutaron dun contacontos sobre a familia e un obradoiro no que realizaron de xeito cooperativo uns móbiles que agora decoran as súas aulas. 

GRACIAS IGUALARTE!

 

     

 

VISITA A RADIO DE 5º A INFANTIL

Os nenos e neas de 5º A de infantil visitamos a radio escolar e fixemos o noso programa de radio sobre "As abellas". Falamos sobre o que aprendemos nestes días e cantamos a canción das abellas. Próximamente escoitaredes o programa.Preme na imaxe para ver as fotos.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut