Skip to Content

 

5º Educación Infantil

PARQUE DA AUGA

O alumando de Educación Infantil ao completo vistamos o parque da auga e pasámolo en grande. Preme na imaxe para comprobalo. 

FIN DE PROXECTO

O alumnado de 5º de Educación Infaantil queremos poñer o broche final ao noso proxecto sobre Picasso cunha visita virtual á exposición de arte que fixemos inspirándonos na obra de Picasso. Nesta exposición contamos tamén con aportacións dos nosos compañeiros e compañeira de 4º e 6º de Educación Infantil. Traballar en equipo é a mellor forma de aprender!

Preme na imaxe para visitar a nosa exposicicón. Agardamos que vos guste!

ROCÓDROMO EN 5º A INFANTIL

Escalamos no rocódromo, subimos, caimos, rimos e o final conseguimos todos e todas facer o percorrido. Preme na imaxe para ver o video.

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, día mundial do medioambiente, o alumnado de 4 anos B queremos crear conciencia sobre a importancia do coidado do planeta: É O NOSO FOGAR E O DE MOITOS ANIMAIS.

Comezamos esta andaina co noso libro viaxeiro sobre animais en perigo de extinción, logo convertemos eses animais en obras de Picasso levando á práctica o cubismo, e para rematar, elaboramos o video que podedes se premedes na imaxe. O noso lema para coidar a todos eses animais en perigo de extión é:

QUE A SÚA SOMBRA NON SE BORRE!

Agardamos que vos guste.

ESCULTORES POR UN DÍA

E aquí resultado do noso obradoiro!

Nel puxemos en práctica moitísimas habilidades: cooperación, creatividade, motricidade fina, resolución de problemas... Se ademáis queredes ver o ben que o pasamos durante o proceso creativo, premede na imaxe.

 

 

 

QUE ESTAREMOS ARGALLANDO EN 4 ANOS?

Hoxe é venres e toca obradoiro! Esta vez xuntarémonos as dúas clases de 5º de E.I., estade atentos que pronto poderedes ver o resultado. 

    

 

VISITA Á GRANXA ESCOLA KIRIKO

O pasado venres 12 de maio todo o alumnado de Educación Infantil visitamos a granxa escola Kiriko. Se premes na imaxe poderás ver o ben que o pasamos.

FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

E para rematar a semana das letras galegas deixámosvos este vídeo dos "Picassos" de 4 anos B.

COIDAMOS A NOSA HORTA

O alumnado de 5º de Educación Infantil A e B xuntámonos para coidar a horta. Nela puidemos xa ver fresas, tomates, leitugas... pero para que sigan crecendo precisamos regalas, e que mellor maneira que facelo en equipo. 

2 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O alumnado de 5º B de Educación Infantil dicimos STOP contra o acos escolar. 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut