Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Novembro 09, 2020
Start: 09/11/2020 10:26
Start: 09/11/2020 10:42
Domingo Novembro 15, 2020
Start: 15/11/2020 21:16

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE

MÁSCARAS PARA O CURSO 2020-2021

 

Publicouse no Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro de 2020 a orde de 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria no curso 2020/2021

 

Os anexos I e II para realizar as solicitudes están á vosa disposición no centro, tamén os podedes descargar no documento adxunto que atoparedes ao final desta información.

 

Prazo de presentación das solicitudes: do  16 de novembro 2020 (luns) ata

                                                                    27 de novembro 2020 (venres).

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fora beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020-2021. Este alumnado será beneficiario de máscaras.

 

Membros computables da unidade familiar: ao 31 dec. 2018

1.Serán membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

 Non terá a consideración de membro computable:

a)   

A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b)   

O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

A renda per cápita da unidade familiar :é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

Deben sumarse as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza,(sumar as casillas 432+460 da declaración renta 2018 e dividimos polo número de membros computables da familia ).     Renta per cápita máxima para recibir axuda: inferior a 6.000 €

 

Documentación a achegar xunto coa solicitude:

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

   1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a  atribución da custodia do/da menor.

   2º. Certificado ou volante de convivencia.

   3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

d) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

f) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE: Todo o alumando que foi beneficiario do cheque de material escolar no curso 2020-21 non ten que solicitar nada, xa está incluido no reparto de mácaras.

 

Pontevedra, 15 de novembro de 2020

SECRETARÍA

 

Luns Novembro 30, 2020
Start: 30/11/2020 13:30

Está publicada a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para recibir as máscaras gratuitas no tablón de anuncios do colexio, según a orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Todo o alumnado que obtivo o cheque para a adquisición de material escolar no curso 2020-2021 está admitido.

 

 

Distribuir contido