Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Curso 15-16

COCIÑANDO OVOS, ÚLTIMA ACTIVIDADE DO PROXECTO DOS PITIÑOS

Aínda que levamos xa un montón de meses co proxecto dos pitiños investigando sobre os ovos, os pitiños, os galos e as galiñas, quedounos para o final unha parte fundamental: cociñar os ovos. Falamos en asemblea de que maneiras podíamos comelos e ao día seguinte fixemos tres receitas con ovos: OVOS COCIDOS, OVOS FRITIDOS E TORTILLA FRANCESA. 

A experiencia foi un éxito, encantounos cascar os ovos, batilos e cociñalos, pero sen dúbida o mellor foi comelos! que ricos estaban! Mesmo os ovos cocidos, que en realidade estaban "pasados por auga" estaban deliciosos!! (o forniño que tiñamos era de inducción e non nos recoñecía a nosa pota, así que tivemos que utilizar a tixola para fervelos...)

Aquí tendes algunhas fotos:

 

 

 

POSTAIS DE ANIVERSARIO

Este ano despois dos aniversarios tod@s levamos á casa unha postal dedicada polos nosos compañeiros e compañeiras da clase. O mesmo día do cumpleanos temos que pensar algo bonito da persoa agasallada. Dicímosllo e tirámoslle das orellas. Cando toda a clase lle deu a súa mensaxe dámonos unha aperta todos xuntos. 

Logo imos compoñendo a postal, que ten a nosa foto de grupo de principio de curso. A mestra escribe as nosas emotivas mensaxes e nós asinamos e debuxamos algo. Finalmente adornamos a postal cos adhesivos que máis nos gustan. 

 

Aquí tendes algúns exemplos

 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 2016

Este ano iamos celebrar os maios xunto con varios colexios de Ferrol na praza de España, nunha actividade organizada polo Concello. Iamos presentar o noso maio e un grupo de rapazas e rapaces da escola ían recitar un poema de Manuel María no escenario. Tamén cantarían unha canción e o resto da escola ía acompañar dende abaixo. Tamén veríamos as presentacións das demais escolas e gozaríamos da actuación dun grupo teatral e de entretemento.

Por mor do mal tempo a actividade quedou cancelada, así que fixemos estas actividades no noso pavillón. Aquí tendes algunhas imaxes da elaboración do maio e da celebración que finalmente levamos a cabo. 

Vixiando o cambio climático

Desde a Universidade de Barcelona lanzaron unha iniciativa para que todas as persoas interesadas, poidan colaborar na observación do cambio climático. Ese proxecto chámase #FENODATO e utiliza a ferramenta twitter.

A titoria de 2º participa observando as cerdeiras que temos na horta da escola.

 

Xa publicamos o nosos primeiro "chío" coa floración temprana da nosa cerdeira.

 Desde o programa #FenoDato felicitáronos.

 

 

 

Visita ao Museo Naval

O martes 19 de abril,as titorias de 1º e 2º visitamos o Museo Naval da nosa cidade. Aprendimos moitas cousas e quedáronos ganas de repetirmonos a visita.

OS VERTEBRADOS

Despois de criar aos nosos pitos, comezamos a aprender moitas cousas sobre os animais vertebrados. Fixemos dous murais grandes con toda a información. Logo por equipos elaboramos os nosos mapas mentais para expoñer o que aprenderamos a toda a clase.

 

ALGUNHAS IMAXES DOS GRUPOS INTERACTIVOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Neste segundo trimestre seguimos xogando coas matemáticas nos GRUPOS INTERACTIVOS (premendo aquí lembrarémosvos en que consisten), aquí tendes algunhas imaxes destas sesións de traballo en equipo que tanto nos gustan!

GRACIAS MARÍA E FÁTIMA POR COLABORAR CON NÓS!!

FINALIZAMOS O OBRADOIRO DE PINTURA "O PAÍS DAS CORES"

 

Rematou o trimestre e con el tamén rematamos o noso obradoiro de pinturaNo país das cores  vivían a amarela, o vermello, a cor azul, o branco e a negra. Pero o curioso é que non se coñecían... O señor vermello, por exemplo, que vivía na súa casa vermella, coa súa horta vermella chea de amorodos e tomates, atopouse un día á señora amarela que andaba paseando no seu coche amarelo chillón. Ao ver ao señor vermello parou contentísima de poder coñecer por fin a alguén. Déronse a man para presentarse e zas!!!  De súpeto apareceu a señora laranxa! Así comeza a nosa historia do país das cores que nos acompañou durante estes meses de clase. Fomos coñecendo o resto das mesturas grazas aos curiosos encontros destas protagonistas principais, as cores básicas ou primarias. Con elas divertímonos mesturando, pintando con pinceis, coas mans, os dedos, con rolos, esponxas, estampando obxectos, con ceras e rotuladores, facendo debuxos cooperativos, diferentes tonalidades dunha cor,... Fixemos algunhas primeiras experimentacións con cada unha das cores obtidas das mesturas, pero logo fomos deixando voar a nosa creatividade cos nosos cadros libres e con novas e orixinais mesturas. Tamén elaboramos un pequeno poemario co que, ademais de achegarnos ao mundo da rima, fomos descubrindo o nome escrito destas cores. Agora toca usar todo o aprendido no novo recuncho de pintura que nos agarda á volta das vacacións!

 

 

 

 

VISITA DE EVA, A NAI DE ERYKAH, COA SÚA QUERIDA GATA NALA

MENUDA SORPRESA LEVAMOS O MÉRCORES! E A PRIMEIRA SORPRENDIDA FOI ERYKAH!

Distribuir contido


by Dr. Radut