Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Orientación

O SÍNDROME DE ASPERGER.

O Equipo Deletrea ofrece moita información na súa web: recursos, materiais, ligazóns, para as familias e os profesores destes alumnos.

www.deletrea.es

DÉFICIT DE ATENCIÓN. INFORMACIÓN SOBRE O TDAH.

Que é o TDAH? A cantos nenos afecta o trastorno?

Causas do TDAH. Estratexias para axudarlle. O diagnóstico.

Información: ler Guía Práctica para educadores


PARA CORRIXIR A DISLEXIA.

DISLEXIA: é a dificultade para aprender a ler e escribir, non está relacionada co nivel de intelixencia.  

A dislexia é un trastorno específico e persistente da linguaxe escrita, caracterizado principalmente por dificultades na exactitude e automatización lectora e escritora.

É unha dificultade conxénita, hereditaria, cunha base neurolóxica e que a miúdo, forma parte dun problema de linguaxe máis profundo. Non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por retraso mental, nin por situacións educativas anómalas.

Ademais das dificultades sinaladas na escrita, poden verse afectados outros aspectos, como: dificultades para seguir instrucións, confusión co vocabulario que ten que ver coa orientación espacial e temporal, dificultades asociadas á discalculia (dificultade para realizar operacións matemáticas) e, en xeral, lentitude no procesamento da información.

Actividades que poden axudar a corrixir a dislexia encontraralas nestas páxinas:

ALES II: para traballar a conciencia fonolóxica, silábica e léxica; a ruta visual de acceso á lectura.

 

CAJA MÁGICA: Xogos de lectura e escritura para traballar a parte fonolóxica e silábica.

 

EL PATINETE: fichas para imprimir, para infantil e primaria.

 

Blogs sobre a dislexia con novidades e recursos:

http://dsb-esp.blogspot.com/

www.agadix.es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut