Hoxe, penúltimo día do curso, todos os nenos e nenas de infantil levaron o seu LIBRO DE PÓCEMAS cos experimentos que fixemos ao longo deste terceiro trimestre. Vou deixarovos por aquí o contido do libro pero con máis fotos e enlaces aos vídeos das experienzas, que é o realmente interesante. Desculpade que en dito libro hai dous experimentos coas fotos cambiadas, o primeiro e o segundo. Aquí aparecen todas no seu sitio e algunha máis.
O libro di así:
Queridas familias:
Enmarcado no proxecto dos Castelos deste ano tamén fixemos un Obradoiro de Experimentos Científicos co óbxectivo inicial, pouco modesto, de iniciarmonos na formulación de hipóteses, abrindo camiño cara o pensamento e método científico. Outro obxectivo era achegarnos ao concepto de reacción química, todo isto dende a idea inicial de que na época medieval, ademáis de señores e damas, trovadores, bufóns, labregas e cabaleiros tamén había outra importante figura, a das curandeiras e compoñedores que, a míudo, eran tomados por meigas, bruxos ou magos. Estes homes e mulleres facían pocemas que, habitualmente, non pretendian facer conxuro ningún, so curar dolencias e enfermidades. Sen embargo estes experimentos foron tan sorprendentes para estas nenas e nenos de infantil que, en xeral, quedou máis instaurada a idea de pócema máxica que a de experimento científico. Podedes ver os videos dos experimentos no facebook da escola e a través das ligazóns da nosa web. O importante foi que se asombraron bastante, riron moito e gozaron destas reaccións tan singulares que podemos provocar con ingredientes cos que todos e todas podemos contar nas nosas casas. De aí que levemos este “Libro de pócemas/experimentos”, para que, se gustades, repitades as experienzas vós con eles/as na casa.
Ogallá que o desfrutedes!
Laura.
Primeria pócema: VARITA MÁXICA
NECESITAMOS:
PROCEDEMENTO:
-
Botamos unha fina capa de leite no prato.
-
Espallamos pola superficie varias gotas de colorante de varias cores.
-
Mollamos unha punta do bastonciño de algodón en deterxente.
-
Tocamos a superficie da leite con colorante como se o bastonciño fose unha variña máxica, con suabidade, sen remexer.
-
Observamos a reacción.
PREMENDO NESTE ENLACE PODEDES VER OS VIDEOS DESTE EXPERIMENTO NAS DISTINTAS CLASES.
Segunda pócema: TORNADO DE LAVA OU LÁMPADA DE LAVA.
NECESITAMOS:
-
Auga
-
Aceite de xirasol ou outro aceite de cor claro.
-
Colorante alimenticio líquido de varias cores.
-
Pastillas efervescentes tipo Alka Seltser.
-
Vaso transparente de tamaño medio-grande.
PROCEDEMENTO:
-
Botamos un pouco de auga no vaso, un cuarto, aproximadamente.
-
Coloreamos co colorante da nosa cor favorita (lembrade que mesturando amarelo e azul sae verde, vermello e azúl da violeta e amarelo e vermollo crea o laranxa).
-
Enchemos o resto do vaso con aceite, con coidado para que non se mesture moito coa auga coloreada.
-
Deixamos caer unha pastilla efervescente no vaso.
-
Observamos a reacción.
PREMENDO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS PODEDES VER OS VIDEOS DESTE EXPERIMENTO.
Terceira pócema: ESPUMA MÁXICA OU ESPUMA DE DRAGÓN.
NECESITAMOS:
PROCEDEMENTO
-
Colocamos o vaso sobre un plato.
-
Botamos vinagre no vaso, case ate a metade.
-
Coloreamos co colorante da nosa cor escollida.
-
Espolvorexamos con purpurina (se nos gusta).
-
Botamos unha culler de bicarbonato.
-
Observamos a reacción.
PREMENDO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS ACCEDERAS AOS VIDEOS DO EXPERIMENTO