Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

INCUBANDO OVOS NA ESCOLA E INVESTIGANDO SOBRE OS PITOS, OS GALOS E AS GALIÑAS

Este curso en 5º de infantil (4 anos) e en 2º de primaria (7 anos) decidimos facer un primeiro proxecto sobre os OVOS e os PITOS, GALOS, E GALIÑAS

Como todas as nosas investigacións comezamos cunha asemblea na que falamos sobre o que xa sabiamos sobre este tema. Aquí tendes unha ligazón, premendo na foto, do que aconteceu en 2º de EP.

 

Para iso tivemos que mercar unha incubadora de ovos, pois chegamos á conclusión coas nosas investigacións de que non é no inverno a época de incubar os ovos para as galiña de xeito natural; ademais tiñamos outro problema: non tiñamos galiña!

 

Moito tivemos que aprender sobre conceptos como a HUMIDADE, a TEMPERATURA, a ROTACIÓN DOS OVOS, O CALENDARIO DE INCUBACIÓN, ...

 

Aos 10 días poidemos comprobar cunha lanterna se dentro do ovo había ou non un posible EMBRIÓN

E das casas foron chegando libros sobre o tema cos que fomos comezando as nosas investigacións ao tempo que medraban as nosas preguntas:

Aos 21 días de incubación apareceu a primeira sorpresa e pouco a pouco chegaron todas as demais:

 

A emoción de ver en directo algún nacemento será algo inolvidábel: 

 E moitos outros nenos e nenas da escola, non so os de 2º de primaria e 5º de infantil, viñeron a ver aos novos compañeiros de clase:

Dos 12 ovos que incubamos naceron 7 pitiños, pero so sobreviviron 6.

Na clase de 5º de infantil quedámonos coidando a 3 aos que chamamos por votación: Pepa, Zipi e Coco.

Na clase de 2º de primaria coidaron aos outros tres que entre todos decidiron chamar Melchor, Gaspar e Baltasar por ser tres e estar tan perto do Nadal.

  Aprendimos que necesidades básicas debíamos cubrir como coidadores e coidadoras e seguimos investigando e sabendo cada vez máis cousas sobre eles e tamén sobre nós por comparación:

 

 

Pero chegou o Nadal e tivemos que marchar un montón de días, aínda que, de vez en cando, nos chegaba unha foto dos nosos pitiños medrando e medrando...

 

 

Cando volvemos a velos á volta das vacacións case non sabíamos recoñecer cales eran os de cada clase:

Sen embargo, aínda que nos encantaba telos con nós nas clases, démonos conta de que necesitaban estar nun curral amplo e con espazo.

 

Así que despedímonos deles polo de agora e seguimos investigando as cousas que nos quedan pendentes, mais de vez en cando nos chega algunha foto do seu novo fogar:

Ao mellor dentro de pouco volven visitarnos, serán xa galos ou galiñas? ...



page | by Dr. Radut