Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 2016

Este ano iamos celebrar os maios xunto con varios colexios de Ferrol na praza de España, nunha actividade organizada polo Concello. Iamos presentar o noso maio e un grupo de rapazas e rapaces da escola ían recitar un poema de Manuel María no escenario. Tamén cantarían unha canción e o resto da escola ía acompañar dende abaixo. Tamén veríamos as presentacións das demais escolas e gozaríamos da actuación dun grupo teatral e de entretemento.

Por mor do mal tempo a actividade quedou cancelada, así que fixemos estas actividades no noso pavillón. Aquí tendes algunhas imaxes da elaboración do maio e da celebración que finalmente levamos a cabo. 



story | by Dr. Radut