Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

A Nosa Horta

As nosas patacas de cedo

Apañamos as patacas que botamos en decembro, patacas de cedo. Logo levamolas a casa para degustalas de moitos xeitos diferentes.

Traballando na horta e Día da árbore 3º de Ed. Primaria

 

Traballando na horta

e o

Día da árbore

 

 

 

XERMOLANDO CENOURAS E PLANTANDO REPOLOS, 4º DE INFANTIL, 3 ANOS

En xaneiro puxémonos mans á obra coa nosa leira da horta do Masdías. Primeiro puxemos a xermolar unhas sementes de cenoura que, máis adiante, plantaremos. Despois fomos á horta e limpamos a leira botando as malas herbas no composteiro para así aproveitalas. Logo plantamos un repolo cada un/ha para, xa na casiña, facer un caldiño como o Coelliño Branco do libro co que estamos a traballar neste momento na aula. Mirade canto traballamos!!!

 

XA TEMOS COMPÓS PARA ABONAR A NOSA HORTA!

Dende o ano pasado temos un composteiro na horta da nosa escola. Por iso xa o curso anterior comezamos a separar os residuos orgánicos que poden ir no composteiro para xerar compós que nos abone as leiras. Este ano utilizamos dito compós e logo sementamos as parcelas con leitugas, tomates, amorodos, cebolas, chícharos e patacas. Tamén seguimos recollendo os restos orgánicos nun caldeiro con tapa que sempre está no recibidor da escola, ao lado do colector xenérico para botar os residuos orgánicos que non fan compós (como o embutido ou a mondas de cítricos).

A clase encargada cada semana de baleirar a illa de reciclaxe nos colectores do concello tamén é a clase encargada de baleirar cada día, en pequenos grupos, o caldeiro do recibidor no composteiro da horta. É importante sinalar que nós non xeramos suficiente lixo orgánico para xerar o compós, por iso pedimos a colaboración das familias, para que trouxesen os residuos orgánicos das súas casas e os botasen no composteiro do centro.

Premede aquí para ver o resto das fotos.

p

 

 

6º e EI: A NOSA PRIMEIRA VISITA Á HORTA DA ESCOLA

En setembro, aproveitando o bo tempo que tivemos, fixemos a nosa primeira visita á horta. Menuda sorpresa que levamos! Os fentos apoderáronse dela e a duras penas se vían as pequeñas leiras. Non obstante, entre esas malas hervas, descubrimos os froitos que durante o verán deu a nosa horta, mirade que fantástica sorpresa!

Bueno, en realidade os encargados e encargadas da recolección foron os nenos e nenas de primaria, pero foron tan xenerosos/as que poidemos levar o noso agasallo da horta para á casa.Tamén se ocuparon de limpar os fentos que había polos carreiros, así que...

Moitas grazas por todo compañeir@s!!

Outra xornada na horta da escola

Estes dias estivemos traballando moito na horta escolar. En primeiro lugar abrimos o composteiro, para utilizar o abono que elaboramos nel ao longo do curso pasado.

Logo o engadimos á terra de dúas das nosas cortiñas.

Por último, plantamos os repolos de inverno.

A PÁ PARA TRABALLAR NA HORTA

Este ano, para seguir có proxecto da horta decidimos fabricar nós mesmos as nosas pás con material de refugallo.

Para que tomedes nota e podades idear a vosa pá personalizada mirade a fotografía.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut