Skip to Content

Blog Biblioteca

 

XA TEMOS COMPÓS PARA ABONAR A NOSA HORTA!

Dende o ano pasado temos un composteiro na horta da nosa escola. Por iso xa o curso anterior comezamos a separar os residuos orgánicos que poden ir no composteiro para xerar compós que nos abone as leiras. Este ano utilizamos dito compós e logo sementamos as parcelas con leitugas, tomates, amorodos, cebolas, chícharos e patacas. Tamén seguimos recollendo os restos orgánicos nun caldeiro con tapa que sempre está no recibidor da escola, ao lado do colector xenérico para botar os residuos orgánicos que non fan compós (como o embutido ou a mondas de cítricos).

A clase encargada cada semana de baleirar a illa de reciclaxe nos colectores do concello tamén é a clase encargada de baleirar cada día, en pequenos grupos, o caldeiro do recibidor no composteiro da horta. É importante sinalar que nós non xeramos suficiente lixo orgánico para xerar o compós, por iso pedimos a colaboración das familias, para que trouxesen os residuos orgánicos das súas casas e os botasen no composteiro do centro.

Premede aquí para ver o resto das fotos.

p

 

 



 

 

09/06/2014

Random image

SAMAIN E MAGOSTO 2011 (Roteiro de cabazas)
page | by Dr. Radut