Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

O GALEGO NO MASDÍAS

17 DE MAIO. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola a todos e todas!

Onte no cole pasámolo xenial facendo unha ruta polas letras galegas. Se queres  comprobalo, pincha na imaxe. 

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Florencio Delgado Gurriarán.

Aquí deixámosvos páxinas e recursos interesantes para traballar a súa figura:

 

 PÁXINAS WEB

 

-  Primavera das Letras (RAG) onde atoparedes contos sobre a súa biografía, actividades interactivas e vídeos sobre o galardoado.

-  Seminario Galán: atoparedes actividades axeitadas para imprimir en papel (carteis, unidades didácticas, escolma de textos, cuestionario de preguntas, díptico, etc.), tamén nos ofrece actividades interactivas en liña (roscos de palabras, geniallys...), un vídeo sobre o escritor valdeorrés e ata unha fermosa canción orixinal inspirada no poema "A pandeirada".

- As letras de Florencio

- O portal da Lingua Galega

 

 

VIDEOS

Video homenaxe: repaso pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán

- Outro vídeo homenaxe en versión Tik Tak Draw

- Videoclip musical Autoxenreira, baseado na letra dun dos seus poemas.

- A pandeirada 

Telexornal Florencio Delgado

 

XOGOS INTERACTIVOS

Enche os ocos coa biografía do autor

Videoxogo con preguntas sobre Florencio Delgado.

Encrucillado

- A primavera de Florencio Delgado

E ti canto sabes? Xogo de Genial.ly sobre a vida e obra.

Xogo de memoria das Letras Galegas.Neste xogo teredes que facer as parellas de personaxes aos que se lles dedicou o o Día das Letras Galegas, incluído xa o deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.

Xogos interactivos en formato genial.ly do Seminario Galán

 

UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TODOS OS CURSOS

  

 

XEEOGLIFOS

Ola de novo! 

Hoxe déixovos por aquí un recurso para os afeccionados os pasatempos. Trátase dun libro de xeroglifos, sabedes o que son?

Os xeroglifos son un conxunto de debuxos e letras que hai que descifrar para formar unha frase a partir deles. Por exemplo:

 

 

O libro titúlase Gramática xeróglífica. O seu autor é Carlos Luís Medrano Martínez, diplomado en Maxisterio, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e mestre no CPR Fogar de Santa Margarida (A Coruña). Nesta obra explícanos, danos estratexias para poder resolver mellor os xeroglifos e propón máis de 600 retos para resolver. 

Deixovos o libro e o solucionario para que lle botedes unha ollada.

Libro

Solucionario

 

 

E se vos quedades con ganas de máis …

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/xero/xer.html

http://bibliotecailladeons.blogspot.com/2021/01/xeroglifos.html

 

ENLACES DE INTERESE

Nesta publicación deixámosvos uns enlaces con iniciativas para entreter e fomentar o uso da lingua galega:

 

Pensatermos, xogo libre e gratuito. Versión do coñecido xogo Wordle en galego. 

SNL Mancomunidade – Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño

SNL Mancomunidade. Servizo de normalización da lingua nos concellos de Ares, Cabana, Mugardos, Neda e Valdoviño onde atoparedes numerosas opcións de actividades e recursos para promover o uso do galego.  

Prolingua | bUSCatermos alcanza 14.000 sesións de consulta

Buscatermos. Base de datos cunha morea de léxico/vocabulario de todo tipo en galego. Elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

RETO DO MES DE MARZO- ABRIL. GAÑADORES FEBREIRO

Bo día, 

Outro mes máis temos o noso reto. Esta vez imos xogar a "Adiviña quen son". Cada clase escollerá unha temática, a que queira, e cada alumno/a terá que describir dando pistas para que os demais adiviñen quen é. O reto é dar pistas sen dicir a palabra clave, pero ollo, non poderedes dar máis de 6 pistas. Moito ánimo e a pasalo ben falando en galego!

Por outra banda, se facedes click na imaxe poderedes ver os vídeos do mes pasado. 

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Este ano para reivindicar o día da muller fixemos un paseo da fama. Cada clase escolleu a unha muller, tendo así un total de 9 mulleres que fixeron e seguen facendo historia. Deixámosvos a presentación onde podedes ver un pouquiño de información e un vídeo percorrendo o noso paseo. Esperamos que vos guste. 

 

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Bo día!

Hoxe celebramos o día de Rosalía sementando pensamentos no noso xardín da escola. Deixámosvos dous vídeos co resultado facendo click nas imaxes. Quedou fermosísimo! 

 

.                        

 

#SementadePensamentos #rdc_22

RETO DE FEBREIRO: Chea o Masdías de sorrisos

 

 

No reto deste mes queremos que te divirtas e que divirtas os demais contando algún chiste ou historia graciosa en galego.

 

Para os nenos e nenas de educación infantil o reto será un pouquiño distinto. Tedes que xogar a "Florisoleira di", cada un deberá propoñer un reto en galego aos demais compis da clase. Por exemplo "Florisoleira di que tedes que poñer a man na testa e sacar a lingua". 

 

Os gañadores serán os que máis sorrisos obteñan e o mestre/a gravará un video do candidato/a.  

 

Despois, o xurado composto polos membros do equipo de galego (EDLG) terán a dura tarefa de elixir os máis simpáticos. O criterio a seguir será o mesmo, gañarán os que máis fagan rir aos membros do EDLG.

 

 

RECOÑECEMENTO DA REAL ACADEMIA GALEGA (RAG)

Hai uns días recibimos de parte da Real Academia da Lingua Galega un recoñecemento polo traballo desenvolto no colexio sobre Xela Arias, autora homenaxeada nas letras galegas no 2021. Dende aquí felicitramos os integrantes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do Equipo de Biblioteca e resto de profesorado polas vosas colaboracións nas diferentes propostas realizadas. 

Déixamosvos unha enlace da páxina web para recordar as actividades que realizamos. 

Graciñas a todos e todas!

Distribuir contido


by Dr. Radut