Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ADMISIÓN DO ALUMNADO - Reserva de praza no IES Cabo Ortegal. Curso 2024-2025

26/02/2024 10:11
Europe/Madrid

Comunícase que, unha vez finalizado o prazo para solicitar a reserva de praza para o vindeiro curso académico 2024 - 2025, e despois de validar e asignar as prazas de todas as solicitudes presentadas no noso centro, todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo establecido (22 solicitudes en total) ten praza para cursar o 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.

ENTROIDO 2024: DINAMIZARTE

19/02/2024 22:50
Europe/Madrid

DÍA DE ROSALÍA

17/02/2024
Europe/Madrid

Achégovos uns recursos elaborados por seis centros coruñeses para a celebración do Día de Rosalía, o vindeiro 23 de febreiro, por se son do voso interese:

1. Cartel en tamaño A4, formato PDF
2. Recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024, formato PDF
3. Ligazón cos recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024, formato Calameo

MANDADOS DO MECO

02/02/2024 09:24
Europe/Madrid

DESCANSOS ACTIVOS 4º EP

01/02/2024 20:22
Europe/Madrid
Velaquí vos deixamos a primeira sesión de descanso activo preparada polo alumnado de 4° de EP.
Os descansos activos son descansos de movemento en periodos curtos de 2-3 minutos entre actividades ou clases que posibilitan non só introducir o exercicio físico na aula senón aumentar a concentración e xerar beneficios físicos e mentais (EDUSAÚDE)
 
 

RESERVA DE PRAZA NO IES CABO ORTEGAL (alumnado de 6º)

15/01/2024 08:34
Europe/Madrid

A partir do 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza no IES Cabo Ortegal para o alumnado de 6º de Educación Primaria (Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022). O resto do alumnado matriculado que permanece no centro non ten que facer ningún trámite.

A solicitude pode facerse a través da Sede Electrónica da Xunta ou de forma presencial. Esta última debe presentarse no centro no que está matriculado actualmente o alumnado (CEIP Manuel Fraga Iribarne).

 

ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO

MANUAL DA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS

 

Distribuir contido