Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SAMAÍN 2023

24/10/2023 21:06
Europe/Madrid

Preme aquí se queres imprimir a etiqueta para identificar a túa sobremesa. Tamén lla podes pedir ao teu titor/a :)

"LEO LEIÑO- MAXIA TOLA E LECTORA"

20/10/2023 17:48
Europe/Madrid

                               

Hoxe tivemos maxia tola e lectora co título de "Leo Leiño".Un espectáculo que nos ofreceu a Biblioteca municipal e, que debido ao mal tempo, démoslle a benvida no noso salón Manuel Murguía. O alumnado e o profesorado participou e intaraccionou coas directoras do espectáculo. Foi tempo moi divertido, onde a lectura e o hábito lectorforon os protagonistas. Esta é a primeira actividade para celebrar o Día das Bibliotecas /24 de outubro). Seguiremos a semana que vén.

Feliz finde a todos/asVergoña

 

 

                                                                           

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO- MARIOLA SOLIDARIA

29/09/2023 09:34
Europe/Madrid

Outro ano máis imos colaborar con  Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

A Partir do luns e ata o xoves 5 podedes deixar no salón de actos do cole as bolsas con roupa e calzado usados

                                                                                                      

                                                                                                                                                                   MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

ORGANIZACIÓN ENTRADAS- SAÍDAS LUNS 11 de SETEMBRO

08/09/2023 12:47
Europe/Madrid

 

Entrada 

Educación Infantil

4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación.

5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
6º de EI- entrará ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
Educación Primaria O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a

porta principal do cole onde serán
recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas

mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se encarguen de facelas chegar ás clases.
Saída Educación Infantil 4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación. 5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. 6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardarán no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se

é usuario de transporte.
No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os

autobuses. Neste caso
debe comunicarse ao titor/a. IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado será atendido polo profesorado dende o momento que chegue

ao centro.

Un saúdo e feliz comezo de curso.

O E.D.

BENVIDA: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

08/09/2023 12:09
Europe/Madrid

 

Chegou setembro e os mestres e mestras do cole de Cariño puxémonos mans a  obra para 

recibir aos nosos nenos e nenas. Estamos preparando todo con moito agarimo, entusiasmo e ilusión,

como dicimos sempre, para poder camiñar, gozar, ensinar e
aprender xuntos no novo curso.

D
esexamos dar a benvida a toda a nosa Comunidade Educativa e, sempre dun xeito especial

e agarimoso
ao noso alumnado co que imos que compartir esta nova aventura, un novo curso

escolar, onde esperamos poidan seguir despregando a súa creatividade, a súa imaxinación,

onde expresen as súas emocións, onde sigan adquirindo aprendizaxes, en definitiva, onde

seguirán desenrolando todo o potencia que posúen, aquí, neste lugar, onde ademais

pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar as diferenzas, un lugar onde

Eles e Elas
son os/as PROTAGONISTAS".

 

 

 

 

 

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

03/07/2023 12:31
Europe/Madrid

 

 

Esta é a listaxe de libros de texto que se utilizará no próximo curso 2023-2024 (PDF)

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Distribuir contido