Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Abril 29, 2019
Start: 29/04/2019 02:07

Con motivo da celebración da semana sa prensa Os alumnos de primaria analizaron as portadas da prensa escrita galega, nacional e internacional.

Os resultados mostráronse no seguinte panel.

   
   

 

 

Start: 29/04/2019 12:30

O Concello de Cariño organiza para o próximo día 29 de abril unha charla sobre o medio maratón de Cariño.

Hora: 12:30

Lugar: salón de actos de colexio

Dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto

www.rfea.es/web/competiciones/campeonato.asp?codigo=2019RF101

 

Xoves Maio 02, 2019
Start: 02/05/2019 22:24

Reunido o xurado para a concesión dos premios do concurso de fotografía "O que  me gusta" constituido polo equipo TIC do centro e téndose presentado 21 traballos chegouse ao seguinte FALLO:

Categoría EDUCACIÓN INFANTIL

Primeiro Premio:

TÍTULO: Mi primo busca en la lavadora

AUTOR: Martín Novo Rodríguez

CURSO: Infantil 5 anos

 

Segundo Premio:

 

TÍTULO: O meu canciño Charly

AUTOR: Valeria Ramos Armada

CURSO: Infantil 4 anos

 

Categoría Educación Primaria Cursos 1º, 2º e 3º

Primeiro Premio:

TÍTULO: Pártome de risa

AUTOR: Ainhoa Martínez Armada

CURSO: 2º de Primaria

 

Segundo Premio:

TÍTULO: La playa de Kena

AUTOR: Sara Pita Tojeiro

CURSO: 2º de Primaria

 

Categoría Educación primaria Cursos 4º, 5º e 6º

Primeiro Premio:

TÍTULO: Águila calva

AUTOR: Adrián Pita Vázquez

CURSO: 4º B de Primaria

 

Segundo Premio:

TÍTULO: O eucalipto

AUTOR: Celina de Saavedra

CURSO: 6º de Primaria

 

Premio á fotografía máis ORIXINAL E CREATIVA

TÍTULO: Ónde está pipo?

AUTOR: Aroa Lorenzo Fraguela

CURSO: 2º de Primaria

Os premios serán entregados aos gañadores nas celebracións do día das Letras Galegas o próximo 16 de maio sempre e cando os teñamos recibido para ese momento. De non ser así entregaránse en días posteriores.

A todos os participantes se lles entregará un diploma de participación.

As obras participantes serán expostas no centro nos próximos días.

O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne quede agradecer a todos os concursantes a súa participación e dar os nosos parabéns aos gañadores.

 

 

 

Martes Maio 07, 2019
Start: 07/05/2019 00:37

Con obxectto de celebrarmos o Día do Libro, este 23 de abril no centro decidimos elaborar as portadas xigantes dos nosos libros preferidos. Podedes ver unha boa representación no enlace que nos leva á galería da biblioteca.

     
   

GALERÍA

Martes Maio 14, 2019
Start: 14/05/2019 13:54

Pode acceder á lista definitiva de admitidos para o curso 2019/2020 en:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/system/files/listaxe_definitiva_admision_2019_2020.pdf

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Mércores Maio 15, 2019
Start: 15/05/2019 08:54

Este próximo 16 de maio, data na que celebraremos as Letras Galegas, visitaranos Miguel Anxo Romero, autor do libro "Poemas con Canela".

Os alumnos do centro interpretarán diferentes escenas desta obra e o autor poderá firmar os exemplares que gardamos na biblioteca e dos alumnos que así o desexen.

 

            
   

 

 

 

Domingo Maio 19, 2019
Start: 19/05/2019 00:00

O pasado venres, 10 de maio, alumnos e alumnas do noso Centro reuníronse en Navantia con escolares doutros centros educativos de Ferrolterra para bailar xuntos unha muiñeira interpretada en directo por A Banda das Crechas.

Podedes ver o resultado do traballo na seguinte ligazón. Esperamos gocedes vendo o vídeo tanto coma nós.

https://youtu.be/-kW_DJz_8cI

Parabéns!!!

Martes Maio 21, 2019
Start: 21/05/2019 00:00

PRAZO:

Desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive.

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP,  xa que o alumnado matriculado en 5º e 6º de

EP disporá dos ordenadores do proxecto E-Dixgal para acceder aos libros dixitais.

Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

Axudas para material escolar: alumnado matriculado en todos os  cursos de EP.

PRESENTACIÓN:

As solicitudes poden presentarse:

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • A solicitude cuberta e asinada polo/a: pai/ nai/ titor/ a do alumno/a.

  • Fotocopia do DNI/ NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2017 (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/ volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación e/ ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/ a menor).

  • Grao de discapacidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).

  • Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestadeprorrogada/ rehabilitada…

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf

Mércores Maio 22, 2019
Start: 22/05/2019 23:00

Mañá xoves, 23 de maio, as 12.30 nos visitará  por segunda vez o aotor do libro "Poemas con Canela", Miguel Anxo Romero.

Está vez virá acompañado das autoras da música dos seus poemas, Bárbara Mourelo e Ana Rey. Levarán a cabo un obradoiro encol da obra mencionada.

Neste obradoiro traballaranse tanto os textos dos "poemas con canela" como a música. Tamén habera ocasión dun turno de preguntas e establecerase unha interación entre os alumnos e profesores e os nosos convidados.

Por últimó haberá unha firma de exemplares do libro "Poemas con Canela"  e "Pompas de Cores" para todo aquel que o desexe.

 

            
   
Xoves Maio 23, 2019
Start: 23/05/2019 09:30

O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.

A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.

Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.

Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.

 

 

 

Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk

icona dos xogos olímpicos

 

 

Domingo Maio 26, 2019
Start: 26/05/2019 00:00

Durante os días 28 e 29 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190503/AnuncioG0534-230419-0007_gl.html

 

Luns Maio 27, 2019
Start: 27/05/2019 00:00

O vindeiro  martes, día 28 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla informativa sobre os "Riscos de Internet", impartida  por José Antonio Franco, formador do Plan Director e dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores.

Pola mañá asistirá a esta charla o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Esperámosvos!!!

 

Mércores Maio 29, 2019

Xa temos dispoñible o número 73 do noso xornal escolar "O Espigonciño"

Preme para velo en formato PDF.

portada do xornal escolar

 

Distribuir contido