Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020

21/05/2019 00:00
Europe/Madrid

PRAZO:

Desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive.

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP,  xa que o alumnado matriculado en 5º e 6º de

EP disporá dos ordenadores do proxecto E-Dixgal para acceder aos libros dixitais.

Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

Axudas para material escolar: alumnado matriculado en todos os  cursos de EP.

PRESENTACIÓN:

As solicitudes poden presentarse:

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • A solicitude cuberta e asinada polo/a: pai/ nai/ titor/ a do alumno/a.

  • Fotocopia do DNI/ NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2017 (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/ volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación e/ ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/ a menor).

  • Grao de discapacidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).

  • Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestadeprorrogada/ rehabilitada…

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf