Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Marzo 14, 2019

Plan de mellora do patio escolar do CEIP “Manuel Fraga Iribarne” de Cariño.

Acceso ao documento.

 

 

Luns Marzo 18, 2019
Start: 18/03/2019 00:00

O vindeiro luns, 18 de marzo, non haberá clase por ser un dos días concedidos como non lectivos para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para este curso escolar 2018/2019.

Polo tanto, o alumnado reincorporarase ao Centro o vindeiro mércores, 20 de marzo.

 

Mércores Marzo 20, 2019
Start: 20/03/2019 00:00

O vindeiro mércores, continuando co programa de distribución de froita na escola en colaboración co FOGGA, iniciaremos o reparto dunha peza de froita para cada alumno/a durante un período de 10 días que abranguerá do 20 de marzo ao 2 de abril.

Esta proposta ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.

froita fresca

 

 

 

 

 

Mércores Marzo 27, 2019
Start: 27/03/2019 10:20

O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.

Alumnado participante: 3º e 4º

Horario: de 10:20 a 12:00

Organiza Concello de Cariño.

fotografía de Abel González

Distribuir contido