Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

20/03/2019 00:00
Europe/Madrid

O vindeiro mércores, continuando co programa de distribución de froita na escola en colaboración co FOGGA, iniciaremos o reparto dunha peza de froita para cada alumno/a durante un período de 10 días que abranguerá do 20 de marzo ao 2 de abril.

Esta proposta ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.

froita fresca