O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

CHARLAS NO CENTRO DENTRO DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

Estimadas familias, o vindeiro LUNS 19 DE ABRIL ás 18:00h., dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, terá lugar unha charla impartida pola Garda Civil.

Esta charla manterá todas as medidas covid necesarias para a seguridade dos participantes.

O contido da mesma versará sobre Internet, uso e abuso das redes sociais, etc.
Rógase, por causa da Covid-19, confirmar asistencia a través do Abalar Móbil dos vosos titores, antes do venres 16 de abril.

Cremos que vai ser unha formación moi interesante e necesaria polo que animámosvos a que participedes!!!!

Ademáis o mércores 14 e xoves 15 desta semana, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participarán nestas charlas formativas e informativas do que cremos que é un tema moi importante.

Podedes consultar toda a información na seguinte LIGAZÓN.

Un cordial saúdo. A Dirección.