O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Ola ola caracola! A noticia que presento no día de hoxe non resulta doada de anunciar. Os titores de sexto tiñan prevista a celebración dunha despedida para o seu alumnado con motivo da sua marcha ao instituto, as circunstancias que estamos vivindo impedían que, tal e como se facía en anos anteriores esa celebración fora compartida por todo o centro e especialmente polo alumnado de 6º de Educación Infantil que tamén o curso próximo pasan a 1º de primaria e que, como tod@s seguramente recordaredes no noso cole denominábamos "Ola e Adeus". Nesta ocasión sería un acto sinxelo e voluntario para poder adaptalo á nova situación cos criterios que se consideraron correctos pero na RESOLUCIÓN, DO
En relación con isto na mañán de onte recibimos unha chamada da inspección na que se remitía á dirección do centro a esa orde e se lle informaba de que a xefatura territorial non autorizara a celebración de ningún evento nos centros educativos e de que, de momento, por parte da Consellería de Educaciónn tiñamos que remitirnos a estas instruccións. Ante esta situación, queridas familias e queridos nenas e nenas non vin outra posibilidade mais que a de suspender o acto con moito pesar porque, moitos deses nenos e nenas foron alumnos meus de Educación Infantil e ocupan un lugar importante no meu corazón. Gustaríanos emplazarvos para outra data mais propicia e serán os titores , Adriana e Quique, os que xestionen esa posibilidade ou artellen a solución que consideren mais factible para tod@s. Todo o noso cariño para esta promoción que inicia unha nova etapa, no Luis Seoane para "eles" sempre estaremos ahí e que "a vida lles vaia bonita".
|
|||||||