O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

I CERTAME AS MULLERES EXTRAORDINARIAS DAS NOSAS VIDAS

Para os festexos polo 8 de Marzo do día da Muller, convocamos para todo a etapa de Educación Primaria o primeiro concurso sobre AS MULLERES EXTRAORDINARIAS que nos rodean.

Son moitas as mulleres, moitas veces descoñecidas, que forman parte da nosa familia ou formou parte de ela, e as queremos coñecer.

Os nenos e nenas poden elexir a unha muller da súa familia para facer unha presentación sobre ela. É un traballo libre có formato que máis lles guste: cartolina, lapbooks, entrevistas, folio... que poden acompañar con fotografías, debuxos, imaxes...

De todos os traballos que participen faremos unha pequena selección para elaborar un vídeo para celebrar o día 8 de Marzo e que se publicará na páxina do colexio.

Animádevos a participar, investigar e colaborar cós vosos fillos e fillas!!

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil participarán neste certame cun debuxo sobre unha muller extraordinaria da súa familia, que seguro serán obras de arte!!