O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
blogue deluisseoane |
No Boletín Oficial da Provincia nº 228 de data 29/11/2023, publicouse a Convocatoria de axudas as familias para a asistencia a comedores escolares curso 2023/2024. Estas son as axudas que se convocan todos os cursos en réxime de concorrencia competitiva para as familias con menores ingresos, que deben facer a súa solicitude individualmente ante o Concello. As solicitudes deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica”, en horario de 8:30 a 14:00 horas, ou ben a través da Sede electrónica, no modelo normalizado que se inclúe na convocatoria. O prazo de solicitude rematará o día 15/12/2023. Achégase a convocatoria onde figuran as condicións que rixen a mesma, así como o modelo normalizado onde hai que realizar a solicitude, a efectos de que, se o considerades, poidades facilitar a información ás familias que poidan estar interesadas. |
|||
Segundo o calendario escolar do curso 2023/24 ( Orde do de maio de 2023), o xoves 7 de decembro establécese como día non lectivo ao ser o Día do Ensino, polo que non haberá clase. |
|||
Desde o Servizo Municipal de Educación do concello de Oleiros infórmanos que ten organizada unha actividade que pretende axudar as familias a ter opcións interesantes de tempo libre para os meniños e meniñas da casa nas vacacións e remítenos a información básica da actividade de CampaNadal que facemos na semana das festas para nenos e nenas de infantil e primaria (tamén estará dispoñible na páxina do Concello).Tedes a información pulsando na imaxe: |
|||
A Consellería acaba de publicar a Resolución definitiva da convocatoria do PLan de Mellora de bibliotecas escolares ( DOG do 17 de novembro de 2023) para o curso 2023/24, e, grazas ao proxecto presentado e ao traballo que se vén realizando, o noso colexio foi seleccionado. A dotación concedida suporá un gran impulso para a mellora da nosa biblioteca e o fomento da lectura. |
|||
Subvención do Concello de Oleiros aos usuarios do comedor No curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroadono Concello de Oleiros. Deberá presentase a solicitude debidamente cuberta á ANPA antes do día 31/10/2023 Tedes acceso a toda a información neste enlace ao blog da ANPA
|
|||
A Xefatura Territorial vén de autorizar a petición de día non lectivo para o 13 de outubro, polo que ese día non teremos clase. |
|||
|
|||
No Consello Escolar elexíronse como días non lectivos, pendentes de aprobación por parte da Xefatura Territorial, no curso 2023/24:
|
|||
Lembramos que ata o 20 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas axudas ao alumnado con NEAE. Tedes enlace a toda a información no panel da esquerda. Podedes pedir cita previa coa Orientadora, se o precisades, chamando ao teléfono co colexio. |
|||
O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso centro por primeira vez neste curso, está invitado a coñecer as instalacións do cole o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h, previo ao inicio das clases o luns 11.
O alumnado de 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefonicamente para concertar a visita do cole antes do inicio das clases.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »