O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
blogue deluisseoane |
Desde o Concello de Oleiros informan que está aberto o período de inscrición para o programa municipal de actividade acuática escolar 2022/2023 que comezará en outubro. As inscricións realizaranse desde o día 12 ao 18 de setembro de 2022 na mesma piscina que corresponda, segundo a actividade, achegando o formulario debidamente cuberto. Podedes acceder á información a través deste enlace á web do Concello:
Consulta o folleto de INSCRICIÓN |
|||
|
|||
Reunións de principio de curso 2022/23 coas titoras e titoresEstas reunións están dirixidas ás nais, pais e titores legais do alumnado. Lembramos que, cando se celebren estas reunións, non poderá haber nenas nen nenos sen supervisión no recinto do colexio. |
|||
|
|||
O inicio das clases terá lugar o XOVES 8 DE SETEMBRO. Haberá servizo de transporte coas paradas e horarios habituais. A ANPA comezará xa desde o primeiro día o servizo de comedor, actividades extraescolares e madrugadores ENTRADA AO CENTRO
SAÍDA DO CENTRO A saída do alumnado farase de xeito escalonado:
Aquelas nenas e nenos que se incorporan por primeira vez ao noso colexio en Educación Primaria, poderán vir coñecer o centro, xunto coas súas familias, o MARTES 6 DE SETEMBRO ás 10:30 horas.Aquelas familias que queiran realizar o cambio de optativa de Relixión Católica a Proxecto Competencial ou viceversa teñen prazo ata o 15 de setembro na secretaría do centro. O concello de Oleiros informa que está aberta ata o 30 de setembro a Convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares para este curso (acceso ao formulario da solicitude AQUÍ) |
|||
Reunións das familias co profesorado titor do alumnado de Educación Infantil
Ás reunións faranse nas aulas correspondentes no edificio de Infantil. A entrada farase pola porta principal do centroPolos temas a tratar, a asistencia a estas reunión é SEN os vosos fillos nen fillas |
|||
BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!
As clases comezarán o 8 de setembro no seu horario habitual, de 9 a 14 horas, con transporte escolar e os servizos complementarios ofertados pola ANPA (O. do 20 de maio de 2022) Aquelas familias que non recolleron os vales de axuda para adquisición de libros e/ou material escolar poderán facelo durante este mes de setembro. As LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR para Educación Primaria, no curso 2022-2023, podedes consultalas nos seguintes enlaces: O MARTES DIA 6 de setembro de 10:00 a 13:00 horas faremos a entrega dos LIBROS DE TEXTO do FONDO SOLIDARIO DA XUNTA para 3º e 4º de E.Primaria a aquelas familias que lles foron concedidos. Ese mesmo día, membros da ANPA, estarán no centro para repartir os libros que teñen no seu "Banco de Libros" para 4º de Ed.Primaria. Estade atentos á WEB para seguir as informacións que iremos publicando coas NOVAS PARA O INICIO DE CURSO.
|
|||
Boas familias!!! Temos a sorte de informar da concesión da subvención para promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros para o ano 2023 de 8.740 euros ao Ceip Luís Seoane para contribuír na realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible. MOITAS GRAZAS AO CONCELLO! |
|||
As listaxes poden consultarse tanto na Sede Electrónica mediante a Chave 365 ou no taboleiro do centro. *Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes. Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 30 de xuño Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 1- 4 de xullo Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo Entrega de vales: do 6 - 7- 8 de xullo de 9 a 14 horas. (Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro)
Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro, coincidindo coa entrega dos libros de préstamo da ANPA (data a determinar). No mes de setembro publicaranse na web as listaxes de material. A listaxe de libros de texto para o curso 2022/23 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »