Skip to Content

Circulares

CIRCULAR FIN DE CURSO

Estimados pais/nais:

Aproveitamos estas liñas para desexarlles unhas boas vacacións e para indicarlles que o  inicio do próximo curso 2019-2020 será o mércores día 11 de setembro co funcionamento en horario habitual os servizos de transporte e comedor. 

COMEDOR ESCOLAR

1.- Os que aboen o comedor, deberán recoller o recibo de xuño en secretaría os días 25 e 26 de xuño, pagalo en entregar o xustificante antes do 8 de xullo. Lembramos que sen este recibo pagado non se pode usar servizo de comedor o curso 2019-2020.

2.- As listaxes de usuarios de comedor escolar e transporte para o vindeiro curso publicaranse o 12 de xullo.

3.- Ata o 11 de setembro estará aberto o prazo para colaborar no servizo de comedor escolar.

LIBROS DE TEXTO

1.- Lembramos que deben devolver os libros de texto prestados do fondo libros as súas/seus titoras/es antes do 21 de xullo. O alumado de 1º e 2º de Ed. Primaria non debe devolver os libros. Este centro admite doazóns de libros. O alumnado que non faga a devolución dos libros de texto quedará excluído do fondo solidario de libros de texto.

2.-  O prazo de presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto remata o 21 de xuño. As listaxes provisionais de admitidos no fondo publicaranse o 5 de xullo e as definitivas o 12 de xullo. 

3.- Os cheques para material de 1º a 6º e os cheques para libros de texto de 1º e 2º de educación primaria entregaranse a partires do día 2 de setembro na Secretaría do centro.

4.- As listaxes de libros para o vindeiro curso están publicadas na páxina web. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria non deberán mercar ningún libro ata que se lle indique en setembro. Daremos as instrucións para os libros no mes de setembro e serán as/os mestras/es, cando se inicie o curso, quen entregarán os libros.

A Secretaría do Centro permanecerá aberta ao público no mes de xullo de 10:00 a 13:00 horas ata o día 12 de xullo.

 

                                Un cordial saúdo e o desexo dunhas felices vacacións.

 

O Equipo Directivo

CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO

Estimadas familias: 

O curso 2017-2018 remata o xoves día 21 de xuño cos servizos complementarios de comedor e transporte e con horario habitual. 

Lembramos que deben recoller a roupa perdida antes do venres 29 de xuño. A partires desa data procederase a súa doazón.

Achegamos como documento adxunto circular sobre comedor e libros de texto para o curso 2018-2019. 

 

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut