Skip to Content

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Este luns viu ao cole Ledicia Costas para falarnos dun dos seus  libros  que estivemos lendo os  nenos e nenas de 6º de Primaria:  "A señorita Bubble" . Ao remate asinou os exemplares que cada un de nós levou.
Pasámolo moi ben con ela.
Grazas , Ledicia!

 

ENTROIDO 2018

O 9 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO.

ESTE ANO FOI VELÁZQUEZ E O SEU CADRO "AS MENINAS" OS QUE INSPIRARON OS DISFRACES DO ALUMNADO DE 6º DE E.P.

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A CORUÑA

 

O 22 DE XANEIRO O ALUMNADO DE 6º E.P. VISITOU OS MUSEOS DA CIDADE DA CORUÑA.

 

 

 

TÉCNICAS DE REANIMACIÓN

O pasado 23 de xaneiro visitounos o PAC de O Porriño para ensinar ao alumnado de 6º de Ed. Primaria primeiros auxilios con maniobras de reanimación: masaxe cardiáco e actuación en casos de atragantamento.

A visita foi moi interesante e aprendemos moito deste equipo de médicos e enfermeiras.

Deixamos un enlace de interese do PAC de O Porriño.

https://www.facebook.com/escolacorazon/

 

INNOVANDO NO LOPE. CURSO 2016-17

      No seguinte enlace amósanse traballos co uso das tablets por parte dos alumn@s de 6º B no 2º trimestre. Ademais, animáronse os alumn@s de 2º B nun videoconto. Agardamos que vos gusten e non esquezades conectar os altofalantes.

http://convigotablets.blogspot.com.es/2017/05/contahistorias-no-lope.html

 

 

   Neste enlace podedes atopar un artigo sobre o uso das tablets feito polos alumno@s de 6ºB durante o primeiro trimestre. Dende hoxe volven a telas para seguir aprendendo cooperativamente nun contorno dixital. Máis adiante veranse os resultados.

http://convigotablets.blogspot.com.es/2017/01/tablet-xiratoria.html?m=1

 

 

Cine Submarino

 Os nenos e nenas de 6º de primaria participaron no ciclo de cine submarino, no Auditorio de Afundación. O pasado xoves  foron ver un documental sobre cómo se deenvolve a vida no fondo do mar.

Tamén tomaron conciencia do importante que é respectar o que temos.

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut