Skip to Content

O BOLBORETEIRO DO LOPE

O LOPE DE VEGA COMPROMÉTESE COA CONSERVACIÓN
DAS BOLBORETAS EN ESPAÑA
 
Alumnado de 5º de Ed. Primaria ven de por en marcha un oasis para bolboretas dentro do gran xardín do colexio. O oasis ao que bautizaron como O Bolboreteiro consiste nunha plantación de diversas plantas aromáticas autóctonas que servirán de refuxio para as bolboretas da nosa contorna. O Bolboreteiro foi incorporado ao mapa do proxecto da asociación Zerynthia (asociación española para a protección das bolboretas e o seu medio) sumándose á rede de espazos repartidos por España. Asociación ZERYNTHIA | Oasis de mariposas (asociacion-zerynthia.org)
 
 

ENTROIDO 2018

 

O DÍA 9 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTOIDO NO COLEXIO.

HOUBO DESFILES, BAILES E MOITA FESTA!!!

 

 

 

 

 

VISITA A SANTIAGO. CURSO 2016-17

O día 9 de maio o alumnado de 5º curso de Primaria fixo unha visita guiada  por Santiago, ao Parlamento e á Casa-Museo de Rosalía.

Tivemos un día fantástico e pasámolo moi ben.

VISITA DE AUTORES DE LITERATURA INFANTIL NO LOPE

PERE

Ao longo deste curso recibimos a visita de dous escritores de literatura  para nen@s no noso colexio:

Ana Alcolea e Pere Tobaruela,autores de " CASTILLOS EN EL AIRE" e "FORMIG4S MISIÓN PARÍS", respectivamente.

Aquí tedes unha testemuña gráfica.

 

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

O pasado 7 de febreiro os alumn@s de 5ºC e 6ºA visitamos o Concello de Vigo. Recibiunos na Praza do Rei o noso guía e foinos amosando as distintas dependencias do mesmo. En primeiro lugar vimos a Lonxa do Concello, despois a sala de prensa da planta nove, o salón de plenos, a escola de danza, o centro de control de tráfico da cidade e os distintos laboratorios.

Resultou unha visita proveitosa e moi educativa.

 

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut